Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Crises laborais

    A seguir unha cita do pensamento do famoso sociólogo francés Pierre Bourdieu (1930-2002) o tema da viabilidade do progreso, tanto sexa considerado como destino da especie ou ben como tarefa individual, segue a ser nembargantes abondo igual que antes da chegada da desregulación (entendida como o proceso que supón suprimir as normas que dirixen e controlan unha actividade económica para posibilitar o funcionamento da libre competencia e, polo tanto, a regulación da actividade polo mercado) e a privatización, pois para planear o futuro é preciso controlar o presente.

    Non obstante, se a idea de progreso na súa forma actual fáisenos tan pouco familiar que nos preguntamos se aínda está entre nós, é porque o progreso foi individualizado, debido a que está privatizado porque o melloramento xa non é unha empresa colectiva senón individual.

    Estamos en condicións xerais agudas (máxime nesta pandemia global que vimos padecendo) e sen claros visos de solución que penetran todos os aspectos da vida individual, as fontes do noso sustento así coma os vínculos de amor e interese común, os parámetros de identidade profesional así como os de identidade cultural, os modos de representación do eu en público así coma os modelos de saúde e beleza, os valores relevantes mesmo coma os medios para acadalos.

    Todos temos deprendido pola forza que aínda os plans mellor elaborados tenden a saír mal e producen resultados moi diferentes dos agardados, que os nosos esforzos para ordenar as cousas adoitan rematar en máis caos, informidade e confusión, e que o noso esforzo por eliminar as continxencias e os accidentes non dan os resultados proxectados. Canto menos control temos do presente, menos ha abranguer a planificación do futuro.

    A subsistencia das xentes do traballo dependía noutro tempo da súa oportuna contratación e, en consecuencia, nin contratadores nin contratados, ningún de ambos podía ir lonxe pola súa conta. Non é estraño que a rearticulación do capital e do traballo se transformase na principal función e preocupación tanto da política como do axente político por excelencia que é o Estado. Neste senso, o Estado benfeitor, puntual imprescindíbel sen o que nin capital nin traballo podían subsistir e menos prosperar, tentaba estar xustamente máis alá da esquerda e da dereita. Para algunhas persoas, ese Estado protector era un recurso temporário que iría desaparecendo na medida na que un seguro colectivo contra o infortunio cubrira de xeito cabal aos asegurados ata que estes puideran desenrolar ao máximo os seus potenciais e xuntar o coraxe preciso.

    A flexibilidade é o slogan da época, que cando é aplicado ao mercado do traballo presaxia o final do emprego tal e como se ven coñecendo, e anuncia en cambio a chegada do traballo rexido por contratos breves, renovábeis ou directamente sen contratos, cargos que non ofrecen ningunha seguridade por si mesmos ou unha cláusula de ata novo aviso. David Ruelle lembraba que o determinismo xera un desorde do azar.

    21 nov 2020 / 20:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito