Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Deberémonos dar moito a valer de eiquí en diante

    Non sei se Émile Ollivier, marsellés, defensor da II República e opositor de Napoleón III, que chegou a primeiro ministro, defensor de Wagner e xenro de Franz Liszt, será o mesmo ó que se refire Chateaubriand dicindo del que desafiaba os bos modais pois comparaba ós franceses coas monas que se soben á copa dos árbores e non cesan de trepar ata dar chegado á súa ponla máis alta pra amosar, dende alí, o que deberían ocultar. Non o sei. Tamén descoñezo as razóns que pularon del pra cualificar de monas ós franceses; menos aínda de monas dispostas a amosar as súas partes pudendas.

    Chateaubriand está de acordo con el, con Émille Ollivier: “O que ocorreu en Francia dende o 1789 demostra o atinado da súa comparación: cada home, ó ir ascendendo na vida, é coma o mono do chanceler: acaba exhibindo as súas taras á xente sen vergonza ningunha”.

    É moi curioso andar a cismar nesto dos refráns e moito é o que sempre boto en falla un estudo serio de paremioloxía comparada que, entre nós, ben puidera facer ou ter xa feito o profesor Ferro Ruibal, sen que eu me enteirara delo; pero xa saben as miñas limitacións, recórdoas por si xa está feito... que non creo, pero aí queda.

    Pra amosar as propias vergonzas, según Ollivier e Chateaubriand, os franceses teñen quen empoleirarse no alto dunha figueira, por exemplo. En cambio a nós, ós galegos, abóndanos con nos agachar pois é ben sabido que “canto máis te agaches, máis se che ve o cu”.

    É notable a diferenza existente entre estar no alto dunha figueira, papando figos e vendo á xente de arriba a embaixo que a de permanecer agachado, mirando pró chan, nunha actitude
    submisa e resignada, facilitadora por exemplo de sodomizacións, inespere-das ou non, que, non se preocupen, pe-ro disimúlenmo, é o que nos acaba de suceder co reparto orzamentario feito no Congreso dos Deputados. Non hai máis que comparar as nosas cifras e as nosas porcentaxes coas outorgadas por exemplo a Cataluña.

    O problema é que nós xa nin choramos por moito que nos explicaran que
    o que non chora non mama. Fartámo-nos a chorar e agora comezamos a ver que non se trata de chorar, senón de molestar, de enredar ou mesmo de ama-
    gar, de ameazar e mesmo de loitar se queres que che fagan caso. Ata os cántabros, donos doutro refraneiro que lles di que a ovella mansa mama da súa nai e máis da allea, saen millor parados. Se o profesor Ferro Ruibal pensase acabar ese estu-
    do que eu tanto boto en falla
    case que é millor que vaia abandonando a idea.

    O dos franceses é moito; mesmo da
    pra unha reflexión que abranga máis aspectos que o da realidade galega. Lásti-ma que a José I, rei de España, non lle dera tempo a nos dar un baño de Ilustración e de modernidade porque, de ser así, non diriamos todos satisfeitos que se “ladran los perros, luego cabalgamos” converténdonos, así e de contado, nuns cabaleiros con todo o que tal condición significa e determina no comportamento colectivo. Que cousa tan impensable un país todo el de cabaleiros!

    Os franceses dín “ladran os cans, pasa a caravana” e o país non é xa de cabaleiros, senón de mercaderes, de xente que fai negocios, de empresarios que xeran riqueza e postos de traballo sabedores de que os pobos non os fan nin os poetas, nin os cabaleiros, por moito que Rei Artur se teña convertido nun fito literario e Ferrín fose candidato tantas veces.

    Isto das paremias da pra moito falar e, o moito falar, indica a posibilidade do moito errar. Díganme senón, ou millor non o digan, pénseno, que poderá implicar o feito de que mentres nós afirma-mos que alguén é a meniña dos nosos ollos, os ingleses conclúan que algo ou
    alguén é a mazá dos seus ollos; é dicir, algo apetecible e desexable, algo polo que loitar e non algo que xa está aí; algo
    cuxa posesión e enervante no sentido etimolóxico do término.

    Desexamos algo os galegos con independencia de que outros estean peor ca nós e de que moitos mesmo estean millor? Si? Pois irá sendo cousa de ir dándolle a volta ó refraneiro. Cando nos damos a valer, baixa a peaxe da AP 9. Deberémonos dar moito a valer de eiquí en diante.

    05 nov 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito