Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desnamorada

    SON moitos os amores e desamores que chegaron a nós a través das cartas, un costume que se está transformando o mesmo que as maneiras de expresar ese sentimento. Apaixonadas e, a miúdo, cheas de recriminacións por non contestar coa mesma frecuencia nin coa mesma emoción, son as misivas que Napoleón Bonaparte lle dedicaba a Xosefina coa que acabou casando e, posteriormente, divorciándose. Escribiría o xeneral cousas como “Esperto cheo de ti. A túa imaxe e os praceres intoxicantes de onte pola noite non permiten que os meus sentidos descansen”. “Desde que te deixei, estou constantemente deprimido (...)”.

    Divertidas e ben atrevidas, para o seu tempo, son tamén as declaracións de amor da nosa Pardo Bazán ao seu “miquiño” Galdós: “Ven a tomar posesión de estos aposentos escultóricos. Aquí está una buitra esperando por su pájaro bobo, por su mochuelo...” ou “Pánfilo de mi corazón: rabio también por echarte encima la vista y los brazos y el cuerpote todo. Te aplastaré...”.

    A grande artista mexicana Frida Khalo tamén amosou os seus sentimentos máis intimos nas cartas aos seus/súas amantes, entre eles, ao galego Alexandre de Fisterra, o creador do futbolín, a quen coñeceu en 1948 e ao que lle remitiu pertenzas persoais e cartas nas que lle dicía cousas como: “Alejandro Fin de Tierra; mi niño amado... eres de mis amores uno de los que más he querido”...

    O dito, transfórmanse as cartas e a
    maneira de comunicar e de expresar
    estes sentimentos pero o que non cambian, desde logo, son os ires e vires amorosos que podemos aplicar tamén ao ámbito político. Nestas semanas estamos a desfrutar de auténticos culebróns onde nos atopamos cos que non casan con ninguén; alianzas exemplares e matrimonios de conveniencia segundo con-
    veña e ambicionen; hoxe casan “polo
    ben común” aínda que non se poidan ver, e oxalá fose certo porque é o que esperamos os votantes; mañá decídense por unha relación aberta con recriminacións varias incluídas que nos convidan a cantar aquilo de “Tres mil demoños te leven, / outros tres carguen contigo; / se tiñas amor con outra, para que falabas comigo?”; relacións apaixonadas con final inesperado; traizoados/as que presentan mocións de censura e que se divorcian; mañá, repénsano e retráctanse; pasado reconcílianse...

    Canto material para unha chea de
    cartas! O triste é que se van sumando
    os desnamorados da política e xa cansos, no canto de interpretacións máis expertas e especializadas, quedamos coa fa-
    ceta máis frívola. Diversión e entretemento non faltan!

    26 mar 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito