Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Diferencias entre partidos.

    Hai unha diferenza entre a militancia política en Catalunya e na Galiza.

    En Catalunya aprendín que os membros do comité central e da executiva do PSAM podían expulsar do partido os membros que por diferentes motivos non lles interesaban que formaran parte de él.

    Aquí na Galiza vivino de outra maneira.

    O BNG actúa de xeito distinto.

    No BNG hai todo un proceso que da moitos argumentos aos militantes que por algún motivo a executiva desexaría expulsar.Os estatutos protexen enormemente aos militantes do BNG.En primeiro lugar un militante ten que incumplir os estatutos para ser expulsado.E ainda así,nese caso,teñen dereito a un abogado para a súa defensa.En tanto que o independentismo non oficial(o dos anos 80)non permitía esa posibilidade.

    Supoño que no resto dos partidos teñen as súas propias normas para solucionar estes temas.

    A nivel anecdótico podo contar o que me dixo un exdirixente do PSOE no concello de Boqueixón “A min expulsáronme do partido os listos do PSOE de Boqueixón” o que eu lle respostei que iso non funcionaba así,que tería que haber ido a “comisión de garantías”.Non soupo que decirme.

    Diferenzas entre partidos para resolver problemas semellantes.

    07 ago 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito