Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

E a culpa de quen é...?

    OS dirixentes do PP son coma eses nenos mimados, sempre lle botan a culpa aos demais. Así están a facer agora co deterioro da sanidade pública. Coma se eles non levasen gobernando en Galiza desde 1982. Como se non acaparasen quinquenios gobernando no Estado. Non precisamos describir o estado da atención primaria. Pero si que é necesario explicar quen é o verdadeiro culpábel e cales son as causas reais que nos levaron a esta situación.

    Desde o comezo da autonomía as empresas médicas impuxeron o seu mandado na sanidade. Con Fernández Albor gobernaba en Galiza o clan sanitario. Con Fraga e Romai, toda a planificación estivo dirixida a favorecer os negocios privados minguando a sanidade pública. Non é unha anomalía, senón que vai en coherencia coa ideoloxía neoliberal do PP.

    Núñez Feixóo foi un paso máis alá: baseou a súa política sanitaria en pór o sistema de saúde galego ao servizo dos fondos de investimento, da industria farmacéutica e das grandes multinacionais que dominan a economía mundial.

    Malia o Sergas contar con persoal cualificado, a Xunta externalizou e subcontratou co sector privado o sistema de información, a Historia Clínica Electrónica, a Receita Electrónica, a Central de Chamadas e Comunicación, a planificación de proxectos sanitarios, a subministración de recursos, a investigación, a formación e a contratación de persoal... Tamén algúns dos hospitais.

    Co que se quedou? Co que non dá cartos: a atención primaria, a que lle foi reducindo, ano tras ano, os orzamentos, até rebaixarlle 47 millóns anuais.

    Din que non hai médicos. Non hai os que necesitamos por unha política a man tenta: limitaron as prazas de acceso ás universidades públicas para favorecer ás privadas que dirixen a súa formación e contratación; expulsaron a centos de médicos de Galiza polas condicións do traballo; dos últimos 22 MIR de Familia só oito se quedaron a traballar na súa especialidade pola humillante contratación...

    Señora Paula Prado, vostedes converteron a sanidade galega nun negocio privado con diñeiro público.

    25 jun 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.