Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
galería de palabras

Castelao, sempre vivo

    SEMPRE en Galiza, na súa Galiza, a nosa. Non hai nin houbo dúas. Setenta anos do pasamento da figura máis senlleira do século XX galego e probabelmente tamén de toda a historia galega. Non é unha esaxeración. É unha evidencia. Mais en Galicia evidencias e realidades están tinxidas dun ceo grisáceo, chúmbeo, pétreo. Maxínense vostedes unha figura coma a de Castelao en Cataluña. Ate que ponto a reivindicación de Castelao, da súa obra, da súa traxectoria, compromiso e amor a terra só é unha pose ou titular ou unha foto de cando en cando. Ate qué ponto os Cegos: os meus compañeiros non nos retrata a nós, os galegos de hoxendía ateigados de brumas de vaciedade e feridos dunha doenza crara, a indiferenza polo noso, pola cultura, pola lingua. Non hai enfermidade máis insana, egoísta e cínica.

    E non, non son Cousas da vida, senón da realidade dunha época que é incapaz de valorar, de situa-la laboura inxente de tantos e tantos intelectuais na tarefa de construir país, unha identidade, unha cultura. Por qué setenta anos despois todavía neste país de mudos e cegos costa tanto facer u­nha homenaxe de pobo, de país, de sociedade colectiva?

    A obra de Castelao segue viva e sobor de todo cumpre unha máxima indudabel, está vixente. Hoxe máis que nunca. Os seus restos están en Bonaval, malia ca súa memoria aínda non termina de embargar as xeracións actuáis. Na narrativa, no ensaio, no debuxo, na caricatura, no humor, no teatro a súa alma é imperecedoira, ca súa sagacidade, ca retranca, cun lirismo puro, cunha prosa concisa, crara, breve, direta. Esencia pura.

    Contemprando tantos e tantos dos seus debuxos pouco ou nada mudaron situacións e circunstancias, tampouco certas mentalidades. Mexan por nós e inda por riba din que chove é un epitafio que semella o espello máis lúcido dunha forma de ser, de entender, de comportamentos de ancestros e unha sociedade cega.

    Mágoa que sete décadas despois non sexamos capaces de lembrar a obra e a traxectoria humana, literaria, artística, cultural e política. Porque é concencia de país, as vegadas, debagutada, a que esmorece coma as frores na auga. Setenta anos e apenas foi e é nova ou titular dun intre. Castelao non é pertenza duns ou d­outros, é de todos os galegos e de Galicia, e a súa memoria, ou mamoria como antergo se escribía.

    Profesor universitario

    16 ene 2020 / 20:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito