El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

ENFIANDO

AFONSO EIRÉ

A UPG, só un partido

15.02.2020 
A- A+

NINGUÉN como Xavier Navaza, desde estas mesmas páxinas, axudou a formar a lenda e a épica da Unión do Pobo Galego (UPG) que celebra este domingo o seu XV Congreso. O autor de Disparos non había semana que non se lembrase do núcleo de titánio que seica era o que facía e desfacía na UPG e este partido na política nacionalista galega, coma se fosen os seus afiliados uns novos templarios metade monxes, metade soldados.

Estas persoas, na idea de Navaza, serían as encargadas non só de manter a ortodoxia nacionalista, evitando desviacionismos, senón de defender as distintas organización sociais e políticas no seu camiño cara a terra prometida da autodeterminación.

Agora que xa Xavier non escrebe, semella que a UPG perdeu grande parte da súa épica. Aquel núcleo de titanio semella diluído, pois só uns 20 militantes son anteriores ao ano 1975, e destes unicamente un ou dos estarán na próxima dirección.

Pouco a pouco, unha nova xeración, que tan sequera pasou por ERGA, tomou a dirección dunha organización pola que, se temos que crer aos protagonistas, pasaron a maioría das persoas militantes contra Franco. Moitas delas, e non semella casualidade, téñenlle agora especial zuna, arelando a súa desaparición por non arar fora do rego, que elas axudaron a abrir no seu tempo.

O seu secretario xeral, Nestor Rego, afirmou na presentación das teses a debate neste congreso que "non somos unha corrente ideolóxica, nin somos un grupo de presión, so somos un partido".

Un partido que neste congreso sube un chanzo máis, pois márcase o obxectivo de "avanzar no benestar da sociedade galega", con pasos concretos de carácter social, laborais, económico, culturais e institucionais que se teñen que ir conquistando para chegar a "liberación nacional e social".

Xornalista