El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

COUSAS DO DEMO

VÍCTOR FURELOS

Alcaldes que abandonan o posto: uns con máis gloria e outros con máis pena

21.04.2019 
A- A+

A proximidade das eleccións municipais trae sempre consigo algunha sorpresa. Sempre aparecen nomes de xente destacada na comunidade que ninguén espera pero tamén outras persoas vinculadas ó Concello prefiren deixalo para dedicarlle máis tempo á familia.

Porque se algo non se lle reconece a un alcalde é a súa dedicación fóra de horas de traballo. Tanto ten que sexa fin de semana ou festivo e mesmo que sexa de noite ou ben cedo. Son moitas as ocasións nas que se ven na obriga de abandonar á familia para atender ós veciños.

O alcalde ten que ir ós enterros e os funerais, estar nas festas e romerías, aplaudir de cando en vez ó equipo de fútbol... e mentras os seus fillos medran pasando poucas horas divertidas co alcalde ou alcaldesa.

Esa pode ser unha das causas que levan a algúns alcaldes a abandoar a política. Son varios os que non se presentarán agora aínda que sigan apostando polo seu partido e polo novo candidato.

Chama a atención o adeus do socialista Félix Porto, un rexedor que fixo cousas boas para Muxía, que sempre apoiou a cultura e que foi quen de apostar polo turismo no que veu un importante impulso para a economía do municipio e, por conseguinte, das familias dos seus veciños.

Non é tanto así o caso do tamén socialista Jorge Tuñas en Negreira. Nos seus mandatos pouco ou nada se atisba no avance da capital de Barcala. E aínda que circula o rumor de que a executiva da súa formación non quedou contenta coa decisión de abandonar, a realidade é que o balance do seu traballo é ben pobre.

O caso do popular José Dafonte é ben distinto ós anteriores. O alcalde de Trazo ten sona de ser boa persoa pero á fronte do consistorio foi un home máis ben gris que viviu case sempre das achegas da Deputación. O PP deixou a decisión de acudir ás urnas nas súas máns, porque pesa sobre el unha denuncia por presentar dietas sen unha xustificación moi firme.

O último dos rexedores que non volverá sentar no sillón principal do consistorio de Carnota é Ramón Noceda. O nacionalista pode presumir de poucas cousas. Se tal, de despedir a varios traballadores muncipais que gañaron despois no xuzgado e de recibir un puñetazo dun rival político, que chega agora ós tribunais.

Eles marchan por vontade propia, como José Manuel Lage Tuñas, que de número 2 do PSdeG-PSOE en Noia nos pasados comicios pasa agora a número 2 na lista da Coruña. E na vila mariñeira xa hai quen di que non o vai botar de menos.

Pero mentras uns marchan, outros volven. En Arzúa regresa á area política Xaquín García Couso, aquel alcalde que gravaba as conversas no seu despacho co director de Radio Arzúa e con algún empresario. Chegou a gobernar con maioría absoluta e despois foi inhabilitado por non derrubar a últtima planta do edificio Plaza que hoxendía, oito anos despois, aínda segue en pé sen que sancionaran a ninguén máis por non cumplir aquela sentencia.

E ó tempo que algúns deixan o seu traballo político, ben remunerado en moitos casos, hai outros que seguen como José Luis García. Leva ó frente de Brión desde o ano 1979 -un dos máis antigos de Galicia- e ninguén dubida de que vai revalidar a alcaldía con maioría absoluta. A súa cercanía cos veciños é a maior virtude que amosa e que lle leva a ser moi querido, aínda que tamén ten críticas por quenes ven que son castigados nas actuacións municipais por non ser da súa corda.

 

Codazos e recomendacións para entrar nas listas sen que os dirixentes do partido fagan ben as contas

Cada catro anos repítese a historia. Á hora de elaborar as listas para presentarse ás eleccións municipais son moitos os que se poñen nervosos e outros buscan recomendación nas altas esferas dos partidos na busca dun aval que os leve a ocupar un posto destacado. E para logralo son quen de decir que o negro é branco ou viceversa. E o problema é de quen o cre.

É ben triste que persoas xa de idade avanzada e a quenes se lle supón unha certa madurez xoguen á política polo simple feito de figurar, xa que case todos os que buscan enchufe se caracterizan porque, unha vez consiguen a súa aspiración, non son o que se dí moi traballadores. Mellor é que renuncien.

Nas listas que se levan presentadas chama a atención que o PP de Santa Comba insista con don Francisco Ameijeiras. Estaba en Terra Galega mentras negociaba ó mesmo tempo a súa incorporación a Ciudadanos e ó PP. Todo un fenómeno. O caso é que os políticos saben pouco de letras e cando se trata de números... xa todos sabemos de que números entenden.

As contas son moi claras. Levo na candidatura a un home que me aporta 250 votos. Un éxito. Do que non se fala é de que ó mesmo tempo resta 400 votos. Porque xa hai xente en Santa Comba que confesa abertamente que non votará ó Partido Popular e que prefire quedar na casa. Gran negocio ese para o PP.

Noutro sitio no que houbo labazadas foi no PSOE noiés donde unha persoa a quen se lle prometera un posto de saída viu como nas vísperas de presentar a lista era relegada bastante atrás. Non se sabe de donde chegaron as presións, pero se un partido non cumple co prometido para elaborar a súa candidatura, como vai cumplir co prometido ós veciños? Eso será outro burato de votos.

E os codazos e as recomendacións chegaron a máis sitios. Haberá que aclarar que pasa cos socialista da Baña.

Donde haberá paz desta volta é no PP de Ames, que por fin acadou un gran consenso entre a militancia e se presenta máis unido que nunca para tentar de arrebatarlle a alcaldía ó tripartito de Miñones, que case sempre se convirte en cuatripartito.