El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

CARTAS ASOMBRADAS

CAETANO DÍAZ

Entre arcadia feliz e barrio de Beirut

20.10.2019 
A- A+

A Consuelo Castro, xefa da Abogacía do Estado no xuízo do 'procés' //

Ilustración: JOSÉ LUIS ESTÉVEZ

FOTO: Ilustración: JOSÉ LUIS ESTÉVEZ

Tiña que ser un galego, unha galega de Ourense, para sermos concretos, quen primeiro puxese un chisco de cordura na distopía que incendia Cataluña dende que o Tribunal Supremo fixo pública a sentenza do procés. Desfruta o seu minuto de gloria, seguro que non buscado, dona Consuelo, e até protagoniza titulares nos medios de comunicación a conta do éxito da folla de ruta da Abogacía do Estado no histórico xuízo aos líderes independentistas.

Apareceu vostede no medio e medio do balbordo para substituír a Edmundo Bal, hoxe teimoso deputado de Ciudadanos, que quería manter a calificación dos delitos de rebelión contra vento e marea, sen atender a razóns. Marchena e os outros seis maxistrados acordaron por unanimidade emitiren condenas por sedición, un tipo penal máis levadeiro e acaído ao que pasou ao redor do referendo do 1 de outubro. Paréceme a min que a sentenza é unha vitoria da prudencia, do sentidiño, que nos reforza no club das democracias e que supón para vostede un éxito persoal, señora Castro.

O seu rol de firme defensora do Estado de Dereito dende a moderación -feliz matiz este- permítenos descubrir, dona Consuelo, unha xurista que constrúe o seu camiño profesional cos materiais da eficacia e do progresismo -"é moi roxa", retrátana na súa contorna-, que milita no bendito club da normalización lingüística e que foi a primeira muller á que lle abriu as súas portas a Real Academia Galega de Xurisprudencia. Chegou á xefatura da Abogacía do Estado en Galicia nos difíciles tempos da catástrofe ambiental do Prestige. Saíu gañadora da batalla xurídica co finado Meilán Gil, peso pesado da política e titán do Dereito, no consello de administración da Autoridade Portuaria da Coruña. Tamén lle tocou defender a postura do Goberno de Pedro Sánchez no labirinto do esperpéntico conflito cos Franco, para sacar do Valle dos Caídos os restos do ditador.

É un currículo completo o seu, señora Castro, e a súa habilidade para sobrevivir nos campos de minas que lle tocou desactivar dálles a razón aos que a definen como u­nha profesional que nunca perde os nervios. Mágoa que nada máis poida facer para desactivar a desfeita na que dexenerou o desafío secesionista, nunha Cataluña na que os cidadáns -roubolle o afortunado símil a un amigo, director de comunicación nunha das multinacionais que aínda resisten coa sede en Barcelona- xa están afeitos á esquizofrenia da Arcadia feliz polo día e do barrio de Beirut cando chegan as sombras da noite. Siga con saúde.

 

Una historia de amor en tiempos de cólera

A Teresa Abelleira y Patricia Curbelo, futbolistas

Nos dicen, como si no lo supiéramos, que Europa avanza muy despacio en igualdad; a paso de tortuga, nos dicen; y que España es solamente el noveno país de la UE en paridad entre hombres y mujeres. Todo esto lo confirma el informe bianual que presentó esta semana, sin pena ni gloria, el Instituto Europeo de Igualdad de Género. Hay, sin embargo, señales que iluminan el escenario de una nueva sociedad, distinta y más inclusiva. Por ejemplo, su historia de amor, Teresa y Patricia, que nos pone delante del espejo de los cambios en las relaciones de pareja.

Llevan meses compartiendo su serena felicidad con luz y taquígrafos, pero ha sido el vídeo de su escapada a Oporto, colgado en sus redes sociales, el detonante de una popularidad que no deja de sorprenderlas, porque ustedes dos ni se esconden ni se sobreexponen, convencidas de que hacen lo correcto -claro que lo hacen, Patricia y Teresa- para, sencillamente, normalizar lo que debe ser normal y no termina de serlo.

Quizás que ambas sean futbolistas -se enamoraron en el vestuario del Deportivo Abanca- no les ayude a pasar desapercibidas y a vivir su relación de pareja sin estar sometidas al tan agotador cuan exagerado escrutinio del Gran Hermano de las redes, trincheras donde aflora algo de lo mejor y mucho de lo peor, pero su ejemplo es inspirador.

Como lo son sus sonrisas limpias y felices, que a mí me recuerdan los versos conmovedores de Pablo Neruda, aquellos en los que el poeta pide: (...) niégame el pan, el aire, / la luz, la primavera, / pero tu risa nunca / porque me moriría.

Pues eso, Teresa y Patricia, liben empoderadas hasta la última gota y sáciense de un amor milagroso que es capaz de sobrevivir en estos tiempos de cólera. Y que ayuda a construir una sociedad más poliédrica. Saludos cordiales.

 

Sic transit gloria mundi

Benedicta Sánchez, protagonista de O que arde, no Fugas: "O papel da muller é difícil. E as mulleres tamén teñen a culpa. Femias hai moitas, agora mulleres poucas. Pero se a muller é muller, non hai home que a free".

Orgullosa da súa rebeldía, tanto é capaz de bailar unha muiñeira no glamouroso Cannes canto de reivindicar un mundo que lle din que non existe, porque o seu feminismo aliméntase de liberdade: "Non me dá a gana de someterme a nada". Amén.

Eusebio Poncela, actor, en ICON: "Me han querido mandar al ostracismo varias veces. Por raro, independiente e individualista. Jode mucho que seas desobediente (...) Supongo que soy fuerte. Porque manda cojones la vida que he tenido, tremebunda".

Nos cautivó en Los gozos y las sombras, una de las grandes series de la historia de la televisión en España, convertido en Carlos Deza, el último Churruchao, enfrentado a Cayetano Salgado, cacique de Pueblanueva del Conde. Protagonizó películas de culto -Arrebato, Martín (Hache), La ley del deseo...- y sobrevivió al éxito y a los demonios interiores que agitaron, todavía la agitan, su tremebunda vida, siempre libérrima. Ahora pinta y hace teatro. Todo bien.