El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

invitado especial

CIBRÁN CANEDO

Camiñata o domingo en Rois

26.06.2019 
A- A+

O ESPÍRITO DEPORTIVO invadirá este domingo, día 30, o municipio de Rois. E é que o Concello, que dirixe Ramón Tojo Lens, porá en marcha a duodécima edición da popular camiñata por parellas, que este ano contará cun recorrido totalmente novo de 15 quilómetros. A andaina, que supera xa as 170 inscripcións, sairá do polideportivo municipal de Os Dices, punto no que tamén rematará. Os participantes pasarán polos lugares de Infesta, Rois, Contimunde, A Pontenova, A Peruca, Playa Fluvial de Seira, Campo de Golf, Seira, Oín, Antequeira e Os Dices. Á metade do percorrido haberá un avituallamento de froita e auga e ao remate, despois da ducha, servirase unha comida aos participantes. A inscripción pecha mañá e pode realizarse na web www.andainabisbarradosar.com.

{ NON HAI DÍA SEN RUMOR }

PENEDOS QUE os leva o vento.A ubicación dalgúns parques eólicos na Costa da Morte está a afectar a espazos singulares e a xerar críticas por parte de colectivos como Salvemos Cabana, que vén de denunciar que onde hoxe hai unha base dun aeroxerador no cumio do monte Castelo, de Borneiro (Cabana), antes estaba o coñecido Penedo do Castelo. Unha singular formación granítica que, quen o ía dicir, levouna por diante un proxecto que ten como motor o vento. Iso a pesar de que, segundo os denunciantes, a Declaración de Impacto Ambiental recollía que os afloramentos rocosos de interese deberían ser respectados polas obras.