El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

invitado especial

CIBRÁN CANEDO

Atención psicolóxica en Muxía

26.03.2020 
A- A+

O CONCELLO HABILITA UNHA LIÑA TELEFÓNICA de asesoramento psicolóxico ás veciñas e veciños de Muxía afectados pola situación de confinamento provocada polo coronavirus. O número, que está dispoñible 24 horas para a veciñanza, é o 618 895 265. O alcalde, Iago Toba, asegura que "é fundamental dar resposta a todos os que, seguramente, teñen dúbidas nestes momentos de como xestionar a situación". Sinala que os expertos consideran fundamental manter unha serie de hábitos e rutinas que "nos axuden a normalizar o máximo posible este momento". Por iso, engade, nos casos nos que a veciñanza necesite axuda, "é importante que saiban que estamos a traballar para apoialos". É fundamental "manter a saúde física, pero tamén a mental", destaca o rexedor.

{ NON HAI DÍASEN CRÍTICA }

HAI XENTE QUE NON ENTENDEU O NON QUERE entender que a orde que prohíbe saír da casa, agás nos casos concretos que sí se autoriza, tamén vai con eles. Só así se explica que, cando van xa máis de dez días de confinamento, algúns -afortunadamente os menos- aínda non se dan por enterados e saen alegremente á rúa coma se non pasase nada. É lamentable que en vilas como Carballo nun só día tivesen que multar a doce deses inconscientes que seguen sen asimilar que non só poñen en risco a súa saúde senón tamén a dos demais. Isto é cousa de todos e deben saber que ninguén está a gusto pechado nas súas casas. Pero hai que estar.