El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

invitado especial

CIBRÁN CANEDO

Catro mil horas do SAF da Estrada

26.04.2019 
A- A+

O SERVIZO DE ASISTENCIA NO FOGAR DA ESTRADA SUPERARÁ en maio as 4.000 horas de axuda ao mes, segundo informou o alcalde, José López Campos. Actualmente estanse prestando arredor de 3.500 horas que se ampliarán a 4.060 ao mes, o que permitirá dar de alta a arredor dunha decena de novos usuarios. Coa nova licitación, que se atopa en prazo de exposición pública ata o 8 de maio, pasarase dun investimento de 600.000 a 800.000 euros anuais e a previsión é a de licitar un novo contrato por 3.200.000 € que permita cubrir un período de catro anos, explicou o rexedor. Actualmente hai 72 persoas catalogadas como dependentes e outras 44 ás que se lle presta o servizo en libre concorrencia, sumando un total de 116 veciños ós que se lle brinda a contraprestación.

{ NON HAI DÍA SEN RUMOR }

TEMPO DE PROMESAS. Algúns partidos políticos buscan solucións a organismos creados co diñero público e cuio funcionamento deixa moito que desexar, ou é máis ben obsoleto. É o caso do Padroado Cultural de Lalín, que os populares agora queren que sexa absorbido por unha Axencia Municipal de Deporte, Cultura e Turismo. Unha entidade que promete o principal partido da oposición e que permitirá, segundo eles, "revitalizar estas áreas e convertelas nunha auténtica panca de desenvolvemento económico do concello". O organismo integrará tanto a cargos políticos como técnicos e a representantes dos clubes e colectivos. Xa se verá.