El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADA ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Concerto no Coliseo Noela

20.06.2019 
A- A+

Actuación do alumnado do Conservatorio de Noia. Os estudantes de 1º, 2º e 3º de grao profesional do conservatorio municipal de Noia Felipe Paz Carbajal ofrecerá hoxe o terceiro dos catro concertos programados dentro do Xuño musical 2019. Unha actuación que terá lugar no Teatro Coliseo Noela, ás 20.30 horas, e que contará coa participación dun conxunto instrumental. A entrada é totalmente libre e de balde. Esta iniciativa pecharase o vindeiro venres 28 de xuño cun concerto a cargo do alumnado de 4º, 5º e 6º de grao profesional e un grupo de música de cámara. Esta actividade está organizada pola concellería de Ensino do Concello noiés, dirixida por Ángela Neri, en colaboración co conservatorio municipal Felipe Paz Carbajal e o Coliseo N­oela de Noia.