El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADO ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Dinamizar aos máis mozos

16.04.2019 
A- A+

Vedra, Boqueixón e Vila de Cruces únense para levar adiante o programa de dinamización xuvenil Val do Ulla. O proxecto vén de presentarse no centro de formación de Vedra e participou o alcalde do municipio, Carlos Martínez, así como o de Boqueixón, Manuel Fernández e o de Vila de Cruces, Jesús Otero. O obxectivo é promover entre a xuventude a adquisición das competencias necesarias para acadar un desenvolvemento persoal, social e profesional adaptado a súa contorna, as súas necesidades e intereses. Tratarase de fomentar o emprendemento creativo e de educar en emoción e con valores nos diferentes centros de ensino. Tamén se creará un espazo para a reflexión sobre as experiencias formativas do programa e a creación de ideas innovadoras.