El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADA ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Melide regresa ao Medievo

11.08.2018 
A- A+

DENDE O PRÓXIMO LUNS DÍA 13 e ata o mércores 15 o casco antigo de Melide acollerá unha nova edición do Mercado Medieval. Deste xeito a vila encherase de mostras de artesanía e espectáculos para todas as idades. A alcaldesa do municipio, Dalia García, explicou que se despregará un dispositivo especial co comezo da feira e por iso pide colaboración a todos os veciños que viven nas rúas nas que se vai asentar o mercado "para que durante os tres días de duración todo transcorra con normalidade", As rúas nas que se instalarán preto de medio centenar de postos gastronómicos e artesanais son a rúa Principal e a rúa de San Pedro, así como as anexas á Praza do Convento e praza das Coles, principais emprazamentos nos que terán lugar os espectáculos do Mercado Medieval.