El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADA ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Melide visita o centro ecuestre

25.04.2019 
A- A+

Os alumnos do centro Ocupacional de Melide veñen de visitar o centro ecuestre Marco das Pías no municipio veciño de Sobrado dos Monxes. Todos os usuarios compartiron o día con profesionais que lles transmitiron os seus coñecementos e a enerxía que rodea ao traballo do día a día con cabalos. Coñeceron ademais o ciclo productivo destos animais dende o nacemento dos potros e ata os adestramentos máis sofisticados para preparar competicións de máxima categoría. Dende o Concello, que dirixe Dalia García, explican que ao centro ocupacional "asisten homes e mulleres con diferentes idades e patoloxías tanto físicas como psíquicas". Todos eles participan en distintas actividades como cociña, música, informática ou alfabetización.