El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

ARRIBA Y ABAJO

CIBRÁN CANEDO

Melloras na app de Melide e críticas ás dedicacións

12.07.2019 
A- A+

A aplicación móbil MELIDE INFORMA vén de incorporar unha novidade á plataforma para facilitar o tránsito de información non só entre o organismo local e a veciñanza, tal e como sucedía ata o momento, senón tamén entre os veciños e o ente público. Agora a través da sección ‘Comunica’ os usuarios poderán informar a tempo real das incidencias que se produzan no municipio. O alcalde, José Manuel Pérez, explicou que “é o primeiro paso de cara a un goberno que incrementará a participación cidadá”. Deste xeito, engadiu, “teremos unha comunicación continua e permanente coa xente”.

Esta semana Melide celebrou o pleno de organización para a nova lexislatura. Non están dacordo coas dedicacións os populares, que critican que se “incrementaron as asignacións polo menos nun 16%”, indica a portavoz e anterior rexedora, Dalia García. Ademais explican que das tres dedicacións exclusivas propostas, “a única que recae nunha muller ten a menor asignación de todas as retribucións propostas”. En total, aseguran que o novo goberno bipartito entre Adiante Melide e o PSdG-PSOE “sairalle aos petos dos melidenses 32.605 euros máis caro que o goberno do PP”, sentencian.