El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADO ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Ocio para os maiores de Touro

16.05.2019 
A- A+

O CONCELLO PRESENTOU NO CENTRO SOCIAL DE MAIORES de Touro, ubicado na zona de servizos de Fonte Díaz, a programación cultural e de lecer para o tempo de verán. Acudiron veciños e veciñas para coñecer a oferta lúdica que ponse a disposición dos habitantes e das persoas que quieran disfrutar de actividades lúdicas e formativas. Para os maiores, o goberno local, que encabeza Ignacio Codesido, programou para o 22 de xuño unha excursión á praia das Catedrais e o 13 de xullo outra a Malpica e Buño. Hai que apuntarse antes do 28 de xuño. O Certame de Bandas de Música será o domingo 28 de xullo. En agosto haberá dúas citas destacadas: a Feira do Emigrante (día 5) e a Festa da Terceira Idade que se celebra o domingo día 11.