El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADO ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Promoción do transporte público

06.12.2018 
A- A+

OS REIS MAGOS IRÁN EN BUS ÁS PARROQUIAS DE RIBEIRA. O próximo día cinco de xaneiro, os Reis Magos de Oriente chegarán a Ribeira en autobús e percorrerán todas as parroquias. Así o anunciou onte o alcalde, Manuel Ruiz, xunto a Manuel Ferrín e Eduardo Figueiras, en representación do grupo Ferrín. Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán as parroquias a bordo do Bus Real utilizando a tarxeta Move, ca fin de promocionar o uso do transporte urbano. Máis de 14.000 persoas utilizaron a devandita tarxeta en novembro, superando todas as expectativas. Os Reis Magos repartirán caramelos e sortearán un agasallo entre os nenos e nenas que asistan a velos en cada parroquia. O Bus Real, panelado con motivos navideños, circula xa dende onte polas rúas e estradas de Ribeira.