El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADO ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Seivane e o seu novo disco en Ames

11.02.2019 
A- A+

A LOCALIDADE AMIENSE DE BERTAMIRÁNAS ACOLLE O DÍA 15 o concerto de presentación de FA, o novo traballo da gaiteira Susana Seivane. Durante o evento, que terá lugar na casa da cultura a partir das 21.00 horas do venres, a artista fará un percorrido polos temas do seu novo álbum, doce pezas adicadas aos seus fillos a través das que descobre ante o público os sentimentos que despertan nela a maternidade e a vida familiar. Así, Ames convertese no lugar escollido pola artista para realizar a presentación deste novo disco, o quinto da súa carreira, no que explora novos ritmos imprimindo modernidade e debullando temáticas universais como o medo ou a felicidade absoluta. As entradas podense adquirir na páxina Eventbrite. O custo é de 11,09 euros en venta anticipada.