El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

convidado especial

CIBRÁN CANEDO

Un parque canino na Baiuca

11.01.2019 
A- A+

O CONCELLO DA ESTRADA INICIARÁ O LUNS A CONSTRUCIÓN dun parque canino de 800 metros cadrados nas inmediacións da Baiuca, informou o alcalde, José López Campos. Construirase nun espazo municipal destinado a zonas verdes de 800 metros cadrados ubicado nun entorno próximo ao casco urbano, con aparcamento e lonxe de zonas residenciais. Un espazo amplo pero pechado para garantir a seguridade dos cans e a tranquilidade dos seus donos, que os poderán soltar sen perigo no recinto. Para a obra, na que se investirán 20.000 euros, o Concello coordinarase co obradoiro de emprego para introducir elementos de xardinería. Incluirán elementos de axilidade e recreo para as mascotas, auga para que poidan beber, luz e mobiliario, como bancos e papeleiras.

{ NO HAY DÍA SIN RUMOR }

tempos de pel moi fina. Nestas épocas de eleccións, apenas quedan catro meses para os comicios municipais, calquera decisión do que ostenta o poder e boa para despertar as iras de quenes as urnas deixaron no banquillo. O PP de Lalín mostrase moi crítico coa decisión do cuatripartito de cambiar o nome dunha rúa para poñerle Banda de Lalín, e aínda que dí que a banda ten méritos, acusa ao goberno local de utilizar a vila "como a súa finca" para facer populismo. Unha crítica que non gustou nada ao alcalde, Rafael Cuiña, que lle pide ao portavoz popular, Xosé Crespo, que diga o que ten en contra da formación. E eso non fixo máis que empezar ¡Ufff!