El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

convidado especial

CIBRÁN CANEDO

Concursos de Nadal na Laracha

09.12.2018 
A- A+

panxoliñas, escaparates, postais e contos. O Concello da Laracha, que preside José Manuel López, convocou os tradicionais concursos de contos, postais, panxoliñas e escaparates. Éste último alcanza a súa 23 edición, e nel poden participar todos os comercios que dispoñan de escaparate exterior. Haberá cinco premios, dotados cun total de 800 euros. Pola súa banda, o Certame de Panxoliñas María Angeriz Tuset terá lugar o día 30 de decembro, a partir das 18.00 horas na casa da cultura da Laracha. Hai tres categorías dotadas con 300, 250 e 200 euros, respectivamente. Os concursos de postais e contos van dirixidos ao alumnado dos centros educativos municipais, e as valoracións dos traballos faranse o día 14 na biblioteca. Os premios serán xogos e material educativo.

{ NON HAI DÍASEN RUMOR }

CIFRAS QUE CONFUNDEN E NON ARRANXAN NADA.A proximidade das eleccións fai que aumente o control das oposicións sobre as xestións dos gobernos, algo que é moi lexítimo e que habería que esixir durante os catro anos da lexislatura. Pero, ás veces, danse datos que só confunden e non arraxan o problema en cuestión. Nos últimos días verquíanse críticas por parte dos concelleiros do PP aos gobernos de Zas e Muxía pola mala xestión do servizo de axuda no fogar. Onte rebatía o rexedor muxián que os datos que daban non eran certos e, namentras os populares falan de dezaoito veciños en lista de espera, o alcalde di que son cero. Alguén falta á verdade.