El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

premio moz@s articulistas

Daniel Mugico Iglesias

A vida universitaria en Compostela

24.03.2019 
A- A+

A Universidade de Santiago de Compostela é a máis antiga de Galicia e a cuarta máis antiga de toda España, foi fundada en 1495 e conta con decenas de facultades diferentes (e seguen a engadir cada ano máis). É por isto que debemos valorar como santiagueses a oportunidade de ter unha educación universitaria de calidade na nósa cidade de orixe.

As facultades de Santiago adoitan ser (en xeral) edificios antigos dunha calidade artística e histórica máis que valorábel, como a de Xeografía e Historia, la de Medicina y Odontoloxía que incitan a curiosidade do estudante. Pero que non vos engane a antigüidade dos edificos, porque a Universidade de Santiago de Compostela contan coas máis novas instalacións e instrumentos para o estudo de asignaturas de ciencias e tecnolóxicas de Galicia ; ademáis de ser un referente europeo en canto a criminoloxía e cómputo forense se refire.

É importante falar de que Santiago é unha cidade máis ben pequena (ou un pobo grande, como se di coloquialmente), o que permite levar un modelo “Univercity”, isto significa que as facultades da universidade están totalmente integradas no centro da cidade, o que fai que se poda chegar dende calqueira lugar da universidade (sexa biblioteca, facultade ou calqueira outro) nun máximo de 15 minutos a pé . Isto evita numerosos gastos innecesarios en buses, gasolina para o coche… A cidade conta con numerosos parques preciosos como o de Bonaval ou Vista Alegre que case non teñen tránsito e pode ser un espacio onde relaxarse, ler ou incluso estudar tranquilamente. Cabe comentar tamén que o casco histórico é un espazo entero patrimonio da humanidade con numerosos museos e edificios que visitar ademáis da xa máis que famosa visita aos tellados da catedral, que, falando dende a experiencia propia, resultoume impresionante, aínda que sexa santiagués e teña a catedral máis que vista.

Un aspecto importante para as persoas de fóra de santiago que queran estudar en Santiago, pois ben, o precio dos pisos é a partir de 300 euros ao mes con posibilidade de compartir piso, o que é unha opción non moi cara para a gran cantidade de demanda que existe na cidade. Un aspecto que os estudantes consideran importante (fora do académico) é o ambiente universitario, do que Santiago non queda nada falto, xa que no campus universitario residen actualmente con entorno a 23.000 estudantes de todos os cursos.

Debemos estar máis que orgullosos e agradecidos por poder disfrutar desta universidade, sobretodo os galegos e en especial os santiagueses, xa que non moita xente ten a oportunidade de estudar , e moito menos na súa cidade. Tamén é importante falar da calidade que tamén ofrecen as outras universidades de Galicia, que máis que facer competencia, axudan á creación dunha marca común nas universidades galegas, e á complementación de carreiras diferentes para que non sexa necesario abandonar Galicia para estudar as carreiras que o estudante desexa.

1º de bachillerato La Salle. Santiago