El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

Devoción e especulación

21.04.2019 
A- A+

PASADOS xa os días desta tardía Semana Santa e despois de termos percibido o efecto positivo da esforzada e impresionante dispersión de magníficas procesións e de festexos por toda a xeografía galega pese á incógnita e, logo, a presenza da agresión climática, unha vez máis comprobamos e lamentamos que no aspecto cívico tamén, igual que está a vir ocorrendo sempre, como o cumprimento dunhas temidas predicións prexudiciais para a maltreita situación social, `coincidiron´ dous clásicos sucesos negativos que se veñen repetindo nestas datas: unha descarada subida do prezo dos carburantes xusto antes do inicio destas pasadas minivacacións, e, así mesmo, en época de tan acentuados índices de desprazamentos, as coincidentes folgas en aeroportos e estacións ferroviarias con grave repercusión pública.

No aspecto da devoción e o turístico, Galicia mantén unha elevada significación. Segundo información difundida polo Clúster del Turismo de Galicia salientouse o incremento nestas datas das múltiples celebracións relixiosas e culturais cunha elevación do número de visitantes, tal como sucedeu en Santiago de Compostela e en Lugo, que neste específico senso obtiveron o recoñecemento de Interese Galego, ou de O Ferrol e a Mariña Lucense o de Interese Turístico Internacional. A teor do que se nos informa, en Galicia a excelente actividade procesional da Semana Santa abrangue a corenta e sete poboacións nas que destacan as cidades, vilas e algúns pequenos lugares de menor poboación. Sublíñanse, pois, como Festas de Interese Turístico Internacional a Semana Santa de Viveiro e O Ferrol, ou as Festas de Galicia de Interese Turístico de Galicia como o Santo Cristo de Fisterra, as de Cangas, Paradela (Meis), Betanzos, Mondoñedo, Lugo, e Santiago de Compostela. Entre peregrinos e turistas o INE informa que a demanda superou as 293.000 noites, a cifra máis alta dos últimos tres anos. A estadía media medrou en febreiro case un 2%, mentres do que no Estado baixou máis dun 3%. Os viaxeiros que escollen este país como destino optan por pasar cada vez más días en Galicia.

Se nos referimos ao aspecto civicamente negativo, temos a descarada subida dos carburantes, xustamente cando máis se incrementa o número de desprazamentos automobilísticos. Dende principios de 2019 se integraron os dous tramos do antigo Imposto de Ventas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (IVMDH), o 'tramo autonómico' (que oscilaba entre cero e 4,8 céntimos de euro por litro e cuxa contía decidía cada comunidade) e o 'tramo estatal' (que ascendía a 2,4 céntimos de euro por litro) nun único imposto. Este novo gravame, denominado tipo especial, elevouse a 7,2 céntimos de euro por litro e aplícase por igual en toda a Península e Baleares. Para o regulador, o impacto de esta modificación impositiva é que, a pesares de que os prezos antes de impostos diminuíron, produciuse un aumento dos prezos de venta ao público. Un auténtico labirinto

inflacionista polo que se obriga a pasar ao pobo.

Da Real Academia Galega