El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

cartas asombradas

CAETANO DÍAZ

Historias universais coa fala no corazón

26.05.2019 
A- A+

A Oliver laxe, director de cine tres veces premiado no Festival de Cannes
Linlle estoutro mércores na entrevista da contra de El Mundo a Daniel Justel, investigador de acadio e de sumerio na Universidade San Dámaso, que os idiomas morren por economía, por pragmatismo. Seguro que si, pero tamén morren por desidia social, por permitirmos que queden atrapados entre muros que os invisibilizan. Contra isto pelexa vostede, Oliver, coa ferramenta poderosa do cine honesto, fabricado cun discurso ético impecable e con imaxes fermosísimas que destilan verdade.

Con ese melodrama seco que di vostede que é O que arde –u­nha obra mestra, coinciden os críticos, sobre o perdón, as feridas e a redención nun mundo de lume–, Cannes viu e escoitou en galego e emocionouse cunha historia  galega que a súa mirada, señor Laxe, converte en universal. O seu cine demostra que en galego podemos estar no mundo e que a fala, piar do ecosistema dos nosos sinais de identidade, é unha ponte, nunca unha muralla que illa.

Interésame aquí, máis aló do que conta con valentía e sen trampas –escribe José Luis Losa, sherpa de cabeceira, que latexa en O que arde unha coraxe colosal, que a súa película é un cortaluimes fronte á posverdade– o feito obxectivo e histórico de que da súa man, Oliver, o idioma galego entrou por vez primeira nese escaparate planetario que é Cannes. E como entrou: co premio do xurado. Tres películas, tres galardóns!

Aplaudo, claro que aplaudo, ese cinéma vérité seu, esa sabedoría para conducirnos até crepúsculos sen heroes nin titáns, pero o que hoxe me emociona é o seu compromiso innegociable cun país, Galicia, e co seu ADN. Emocióname que un galego que naceu en Francia, que viviu dez anos en Marrocos e que agora se busca na terra matria d’Os Ancares, se presente no festival de festivais –alí trunfou con Todos vós sodes capitáns e con Mimosas– cunha película pequena rodada nunha lingua que esmorece.

O que TVG fixo pola normalización do galego en Galicia cando emitiu Dallas e lle escoitamos a X.R. aquel mítico “estás bébeda, Sue Ellen”, van aló preto de corenta anos, faino vostede agora, señor Laxe, polo empoderamento da fala alén das nosas fronteiras. Que ninguén nos diga máis que co galego non podemos contar historias universais, que co galego non se chega aos corazóns.

O aplauso de Cannes á súa hipnótica película, Oliver, aluma o futuro desta nosa lingua cunha inxección de bendita autoestima, balsámica e moi necesaria.

Moitas grazas e siga con saúde.

Hay otras maneras de conquistar los cielos
A Íñigo Errejón, presidenciable por MÁS MADRID
Será que los años pesan, pero entre la izquierda que pretende conquistar los cielos al asalto y con consignas y la que quiere cambiar las cosas con argumentos y desde el espacio de la tolerancia, hoy minado por populismos, posverdades y otras malas hierbas, ¡ay, amor, me quedo contigo!. Me quedo con un líder tranquilo de la nueva política, usted, don Íñigo, que es capaz de aislarse de la campaña de demonización de Amancio Ortega, alimentada desde Podemos, sin mucho ton y ningún son, y levantar el cordón sanitario del sentidiño.

Cualquiera que coincida con el presidenciable socialista a la Comunidad de Madrid –están los Gabilondo, tanto Ángel cuanto Iñaki, bendecidos con el don de la ecuanimidad–, cuando nos advierte de que “los ricos no son una estirpe a perseguir; la pobreza, sí”; cualquiera que valore la filantropía como un radical mérito cívico, y que admire las donaciones milmillonarias de magnates estadounidenses para universidades, hospitales y proyectos de investigación; cualquiera que se rebele contra la manipulación de las miserias para usarlas como espejo tramposo de la realidad, tiene por fuerza que empatizar con usted, tiene que aplaudir su razonamiento equilibrado.

Cuando dice, señor Errejón, que “si alguien quiere donar algo que ayuda a curar me parece bien”, yo me reconcilio con una clase política perdida en la selva de la crispación, y aplaudo.

Cuando constata, don Íñigo, que no existe contradicción alguna en aceptar las donaciones de un particular y al tiempo exigir que las normas se cumplan, aplaudo y agradezco que aún tengamos líderes que saben interpretar el sentir de una inmensa mayoría de ciudadanos.

Saludos cordiales.

sic transit
Gloria Mundi
Siri Hustewdt, escritora y premio Princesa de Asturias, en El País: “Necesitamos el feminismo porque la historia no ha terminado. Y porque es una forma muy profunda de humanismo. Es un modo de afrontar la liberación de las restricciones impuestas por el género”.

Es un soplo de aire fresco la lucidez de esta intelectual que a los 11 años ya oía voces y que a los 20, siempre antes de sufrir migrañas infernales, tenía alucinaciones con enanos rosas. Y es un regalo, de paso, la valentía de una mujer que desnuda a Trump: “Es un psicópata, en términos médicos. El problema es que millones de personas le votan”. Retrato exacto y doloroso.

Xosé Luís Barreiro, politólogo e articulista, no Galicia Confidencial: “Os que publicaron a famosa foto de Feijóo con Marcial Dorado sabían que estaban enganando ao persoal. Sabían que estaban presentando un tema fóra de tempo... Iso mesmo foi o que lle pasou a Anxo Quintana coa foto no iate de Jacinto Rey... Os medios saberán o que fan”.

Cando o home que puido reinar na Galicia autonómica pon o foco no rol dos medios de comunicación, convén prestarlle atención nesta era da posverdade que ameaza con asfixiar o periodismo. Toca máis reflexión e autocrítica, e menos seguidismo dos cantos das sereas.