Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
TRIBUNA LIBRE

Maside en Combarro

    A exposición CMaside en Combarro 1952 é unha radiografia fermosísima do pobo mariñeiro e de Galicia en 1952. É un pensamento recurrente. É absolutamente orixinal no sistema expositivo no que se permite que os homes e mulleres de Combarro que agora contemplan a mostra, podan compararse cos nenos e nenas que foron, cando Maside os retratou en 1952.

    Nas pinturas de Combarro, o pintor triunfa na empresa de "sacar á luz o ser humano, a vida. " Munch. Os habitantes de Combarro observan como se mantén o parecido fisico dos retratados. Soportan a tensión emocional de verse como eran antes eles e como era antes o pobo de Combarro. Reciben a inmensa alegria de ver de novo os xa desaparecidos. Recordan os usos tradicionais, a maneira de facer as cestas, de limpiar o peixe, de utilizas as artes de pesca, as cores das casas, a fonte.

    As mulleres, sempre co mundo na cabeza, nos seus traballos habituais, os homes limpando as redes, reinan en Combarro, na paisaxe fervente da canícula, do vran de 1952. Na Exposición aparecen retratados, Antonio de 9 anos, a pequena Anita, Maruja adolescente, a fermosa Gina...e unha chea de personaxes anónimos que naquela data daban vida ao pobo mariñeiro

    Vese unha poboación socializada nos potiños e na Rúa. Nenas calcetando ou xogando cos meniños. Estampas de maternidade, nais co fillo no colo á porta da casa. Nenos xogando co trompo, a bugina, ou pescando, descalzos, vestidos con apaños humildes.

    Os trebellos As mazorcas As cestas das peixeiras. O porto e a chegada do peixe ás 6 da mañán.

    Radiografía de Galicia antes da emigración masiva a Europa. Onde reside o atractivo das pinturas de Combarro?: Constitúen unha secuencia harmónica de feitos, figuras, paisaxes, costumes e de formas...que permaneron inalterabeis ao longo dos anos. A pintura de Combarro ten un marchamo de orixinalidade, de revelación, de permanencia. Ten a vontade de ser un clásico.

    Carlos Maside exclamou "alí fun feliz", e foi a relación cos viciños, cos nenos, cos mariñeiros... pero acrecentou ese sentimento unha razón máis oculta, a convinción de que en Combarro remataba un ciclo, o seu ciclo da representación de Galicia.

    Simbiosis, interdependencia, conxunción, empatía entre o artista e o mundo que neste caso é todo un pobo, ao que non só se representa sinón que tamén se dignifica.

    Carlos Maside está representado fisicamente na Sala de Exposición de dúas maneiras moi afortunadas. Unha fotografia, convertida en mural, dos anos próximos a súa estancia en Combarro. A outra imaxe é un autoretrato, óleo de 1928, que presentou no Museo de Pontevedra como bolseiro a volta da súa estancia en París.

    As dúas imaxenes de Maside coinciden coas etapas de realización das súas obras máis representativas: 1930 /1952. Carlos Maside en 1952, posúe un pouso intelectual moi superior á maioría dos seus colegas. É pintor e cronista. É un home enfermo, aqueixado pola diabetes, doenza crónica. É un republicano represaliado, apartado do seu traballo de profesor, sen a posibilidade de pintar e expoñer a súa obra. Vive illado no exilio interior. É un home vulnerable, pero non debil, con inquebrantais principios

    Maside pertence a unha corrente pictórica de vangarda, que se denomina Realismo de Entreguerras. Pero que nada ten que ver co realismo detallista do Barroco -tan ibérico e admirable- nin tampouco semella coincidencias coa minuciosidade aplicada pola escola Neoclásica, nin coa descríptiva voloptuosidade do Romanticismo historicista.

    A pintura de Maside é a de un pintor do seu tempo. O realismo de Maside, o realismo de Entreguerras, é froito de dúas grandes crises, da purga do cubismo e da explosíón expresionista, movementos de cuxas ensinanzas aproveitanse os pintores de Entreguerras e que asimesmo rexeitan, por tratarse de movementos xa superados. En 1952 verifícase o apertado encontro de Combarro con Maside. Do artista e intelectual co o obxeto da súa representación. O pintor chega a Combarro acompañado dun forte sentimento de pertenencia a un pais, toda a súa obra responde a ese presuposto e de súpeto atopa un pobo cunha cultura solidaria e comunal, aquela qie define as raices dunha nación. Alí encontra a historia a xeografía e a cultura de Galicia nun estado de pureza emocionante, como nun tratado da autenticidade: os modos, as formas, os costumes, os traballos, as festas, os usos, a maneira de gañar o sustento coas artes propias que en Combarro están plenamente vixentes.

    En Combarro, CMaside leva adiante o atrevimento de convertir a un pobo enteiro en obxeto da representación. Coa maior naturalidade e coa máxima faciladade volve a facer o que sempre fixo, observar a realidade sensible e plasmala. De novo se lle presenta a oportunidade de fixar coa súa particular mirada un mundo que é o mundo que lle rodea. En Combarro culmina a pintura identitaria de Galicia.Maside afirma "a miña pintura é representativa". Ao noso entender en 1952 culmina o seu proceso de representación de Galicia que a súa vez completa cerrando nun círculo a representación dos anos vinte.

    En 1930 ten rematadas tres obras paradigmáticas: 1928 Galicia como Cultura Os Profetas. 1930 Galicia como Matria Muller Sentada. 1930 Galicia como Territorio As Brañas de Sar

    CMaside en 1952 en Combarro remate o seu particular proceso de representación de Galicia, como un cronista, co atrevimento do pintor que convirte a un pobo enteiro en obxeto da súa pintura, da súa vida.

    * BIÓGRAFA DE MASIDE

    18 may 2019 / 20:59
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito