El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

CONVIDADA especial

CIBRÁN CANEDO

Melloras nas instalacións de A Fieiteira

15.09.2018 
A- A+

ADICAN 40.000 € Ó COMPLEXO POLIDEPORTIVO DE RIBEIRA. A secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez Telle, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, asinaron un convenio para realizar melloras no complexo deportivo de A Fieiteira. O proxecto, que contempla melloras na cuberta da grada do campo de fútbol, será financiado na súa totalidade pola Secretaría Xeral para o Deporte, que achegará a cantidade de 39.930 euros en base á valoración feita polos técnicos municipais sobre o custe da obra. A cuberta da grada do campo de fútbol, no que se vai desenrolar dita obra, está formada por unha chapa metálica que está en moi mal estado, de aí a necesidade de substituíla por unha nova cuberta de grada. Antes, realizarase o desmonte.

{ NON HAI DÍASEN RUMOR }

A CONTRADITORIA MOCIÓN DE VELO EN BOIRO.O concelleiro de Iniciativa Cidadá de Boiro Manuel Velo presentou unha moción no pleno celebrado o xoves (que foi rexeitada) ca que pretendía eliminar o nome do alcalde, Juan José Dieste "dun escudo situado na fachada da casa consistorial". O certo é que o nome do rexedor non está no escudo, senón debaixo del (pon "sendo alcalde Juan José Dieste") e nunha obra que un veciño regalou ó Concello fai 7 anos. Na rúa, hai quen pregunta se Velo vai pedir tamén que se retire o seu nome das bases de pedra das farolas da avenida de Compostela que el fixo inscribir sendo alcalde cando se urbanizou a zona.