El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

galería de palabras

ABEL VEIGA

Música entre pedras

13.08.2018 
A- A+

CECAIS a recuperación do colorido do Pórtico, místico e maxestuoso na súa grandeza todopoderosa en pedragrá, anima o espírito da cidade. Tañen as vellas campás de Compostela, Mateo xa non esculpe, o vello mestre, pero as fídulas soan con mamoria a séculos. Bulen as rúas de música. Sonora e viva. Rebumbio de xentes daquí e dacolá. De todas partes. Compostela non se entendería sen ser unha cidade hospitalaria, aberta o mundo. A tódolos recunchos. En calquera rúa, ruela e praza hai grupos de músicos que amenizano solpor. A pedra escoita, a pedra empapa sinfonías libres e multiformes. Bailan os peregriños, bailan os turistas, e as górgolas son testemuñas de eternidade que contempran o ir e o tras vir.

Sorpréndeme incriblemente un músico. Medianoite do sábado no casino da rúa do Vilar. Soa o piano. Cobra vida nas maos dun músico excepcional. Paixón desbordante, dedos que vibran sobor do teclado, emoción y pulsión, frota a música en estado puro, alcanza por momentos seu cénit e a xente fica abraiada de tanto talento.

Santiago é arte, é cultura, é vida, é dinamismo. Ese é o latexo da cidade, latexo forte, vivo, coruscante, intrépido. Eiquí xaz a ialma da cidade. Eterna. Pasarán os anos, pasaron os séculos, paseniño, pero a pedra segue, como aquelas vellas campás, escoitan, asinten, viven, gozan e calan mentres chove en Santiago, sen parsimonia nin demasiada prisa. Vivir Compostela é entender a cidade. Coma diciamos onte, cecais non podería ser doutra maneira, eisí a quixeron os nosos, unha cidade de estrelas e misterio, de maxia e arte arredor dun sartego, dunha tradición, dunha necesidade espiritual en tempos de negrura e desespranza.

Santiago é poesía pura, queda, límpida, coma son as súas rúas capaces de xeirar un estado de ánemo colectivo atrapando o paso do tempo no seu misterio. Nós pasamos, deambulamos, somos e fumos mentres existimos, as vellas pedras seguen ahí, afincando aquela mamoria cun día foi nosa. O home atestemuña o paso do tempo, na súa eternidade.

Música en Santiago. Agosto máxico. Multitudinario. Prazas, rúas e ruelas da parte vella, a mesma cas vegagas afasta dese rebumbio as propias xentes de Compostela. Patrimonio de todos. Sonoridade e ialma, mística e presente. O futuro pertence a aqueles que queren loitar e ter futuro. Non estraguemo-lo futuro que xa pertence a outros tamén non só a nós. Non crebemos a arte, a lingua, a música, a poesía, porque esta cidade ten relato, ten esencia, ten ialma.

Tañen as vellas campás seu latexo que o vento espalla na cidade. Tocan os anciáns do Pórtico a súa partitura terreal. Cadencia e ritmo estudiado. Musicalidade perfeta. Mentres ficamos abraiados de coma uns homes de hai máis de oito séculos foron capaces de escribir esa infinda partitura de pedragrá coroando a Xesús. Música que atrapa a fachada nova do Obradoiro. Nova e limpa, afinada e acompasada dunha luz eterna. Música en Santiago, na súa historia, nas súas rúas, nos seus monumentos. Que sempre soe ese piano incribel.

Profesor universitario