El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

invitado especial

CIBRÁN CANEDO

Ordes quere a intervención de armas

14.08.2019 
A- A+

mil sinaturas para dez mil escopetas e pistolas. O secretario da Federación Galega de Caza da Coruña, Antonio del Río, rexistrou no Concello de Ordes as mil sinaturas recollidas por toda a comarca solicitando a reconsideración do posible peche da Intervención Especial de Armas e Explosivos que ten a Garda Civil na capital ordense. Trátase dunha solicitude dirixida á subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, que se suma á expresada recentemente polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que ante o peche deste servizo por vacacións do persoal, enviou unha carta igualmente á subdelegación do Goberno, solicitude entendible si se ten en conta que o período de caza dará comezo o 20 de outubro, e que a súa bisbarra supera as 10.000 armas.

{ NON HAI DÍA SEN RUMOR }

esixen trasparencia en dubra.Bota en falta o líder de Anova en Dubra, Antonio Negreira, unha declaración de actividade entre os concelleiros do novo executivo popular, de xeito que quede acreditado que os que forman parte da xunta de goberno poden contratar. E segundo o seu parecer, leva feita a petición xa por dúas veces sen obter resposta. Claro, suponse que o goberno debutante debe de estar a mil nestas semanas preparándose para pilotar o concello os vindeiros catro anos, pero está claro que a reivindicación da oposición non só é xusta, senón legal e necesaria para evitar problemas futuros... porque estamos certos de que non hai nada que ocultar, non si?