Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
convidado especial

Premios para Dubra e Camariñas

    certame da real academia galega. O CPI de Bembibre foi un dos tres colexios gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega que preside Víctor F. Freixanes, no marco do proxecto Primavera das Letras, segundo traslada o director do colexio dubrés, Miguel Ángel Abarca. Cada un dos centros gañadores recibirá un lote de libros, e a entrega terá lugar o 15 de outubro nun acto na propia Real Academia Galega. Segundo a RAG, "encantounos a representación teatral coa que participaron", co certame. Tamén resultaron galardoados o CEIP de San Roque de Darbo (Cangas) e o de Ponte do Porto (Camariñas). As tres iniciativas achegaron de maneira activa e orixinal o universo vital e intelectual de Antón Fraguas.

    { NON HAI DÍA SEN RUMOR }

    perigo polas decisións infantís.Os veciños de Teo deben de estar coa boca aberta despois de que as redes municipais difundiran a reunión do Consello Local da Infancia e Adolescencia na que os nenos trasladáronlle ao arquitecto municipal "a importancia de contar coas necesidades da infancia na planificación urbana". Ben, deixando a un lado que un técnico local desta clase xa debería saber cales son estas necesidades, e que está ben que a rapazada teña voz, pero non que decida -nin inflúa- en cuestións urbanísticas, cabe destacar que posiblemente as ideas que defenderon sexan máis intelixentes que encher o concello de badenes ao chou.

    11 sep 2019 / 20:57
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito