El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

invitada especial

CIBRÁN CANEDO

Previr os abusos sexuais a menores

11.11.2018 
A- A+

o concello de silleda, a través do departamento de Educación Social, que dirixe Pilar Peón, programa para o vindeiro día 21 unha sesión formativa sobre prevención de abusos sexuais en menores. A sesión, que terá lugar na casa da xuventude en horario de 17.00 a 20.00 horas, está dirixida inicialmente a profesionais da educación, aínda que tamén poden participar todas aquelas persoas que estén interesadas. Abordaranse cuestións como a clasificación dos tipos de maltrato, tipoloxía do abuso infantil, falsos mitos en torno a este tema, indicadores e ferramentas para detectar casos ou cuestións como que facer ante unha sospeita de abusos sexuais na infancia. A sesión estará impartida por persoal da asociación Amino.Gal (Abuso e Maltrato Infantil Non Galicia).

{ NON HAI DÍASEN RUMOR }

a 'morte' do comercio. O BNG felicita aos comercianes de A Estrada pola campaña na que, non só na vila pontevedresa senón noutras comarcas da provincia da Coruña, as asociacións de empresarios escenificaron con peches e apagóns a morte do comercio local. Foi un intento desesperado de dar visibilidade a un sector estratéxico para a economía de moitos concellos e que soporta unha forte competencia. Pero aínda que os gobernos locais poidan facer máis, como reclama o BNG, non é menos certo que para facer fronte á crise deste sector fai falta que os consumidores se conciencien e non opten pola compra fácil na rede ou nas grandes superficies.