El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

A VISTA DE PAXARO

SALVADOR SOUTULLO CAROLO

Retorno dos emigrantes

23.09.2019 
A- A+

O 25 de xullo do vindeiro ano fará 22 anos que se publicou un libro titulado “A emigración galega na Union Europea", do que eu son coautor.

O eslogan e a temática social do libro era: "Polo retorno á Galiza territorial de todos os emigrantes que o desexen". Neste libro falamos do tema do retorno de todos os emigrantes que o desexen. E agora precisamente que estou na directiva dunha asociación, da que era socio de base: "Asociacion de emigrantes retornados Marusia", vén a conto ese traballo feito ha 22 anos.

O Presidente de Marusía morreu, o amigo Manolo Domínguez. Era unha persoa moi importante no nacionalismo galego na emigración, e que estivo seis anos en Bilbao e vintetrés na Suíza.

Ó voltar a Galiza organizou a Asociación Marusía para defender os dereitos dos emigrantes retornados. Despois de vintedous anos segue a ser totalmente actual o eslogan “Polo retorno á Galiza territorial de todos os emigrantes que o desexen”.

Seguen marchando á emigración rapaces e rapazas formados nas Universidades e no ensino publico galego. Galiza e una nación que precisa de man de obra cualificada. Temos una poboación envellecida e precisamos de cotizantes na Seguridade Social para pagar, entre outras cousas, as pensións dos nosos maiores.

Se ten que vir xente que vive fóra do noso territorio a traballar á Galiza, penso eu que sería mellor que retornaran os rapaces que marcharon, ou os fillos ou netos dos emigrantes galegos que son da nosa cultura e a maioria coñece o noso idioma e teñen todo o dereito a integrarse en territorio galego.

Galiza é una nación que actualmente conta no seu territorio con menos de tres millons de habitantes. Se contamos a galegos, fillos e netos na emigración son varios millóns máis.

Se tivesemos una nación de cinco millons de habitantes, con xente traballando en idade laboral activa, teriamos una nación competitiva no ámbito Europeo.

Precisamos rapaces novos traballando e cotizando na Galiza para aturar a sangría do envellecemento poboacional.

O libro “A emigración galega na Union Europea” segue a ser vixente na sua posición social, e aí van vintedous anos. Sen avances e coa mesma realidade dende que foi publicado o 25 de xullo de 1998.