El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

premio moz@s articulistas

SARA LADO FORMOSO

O Camiño cara á beleza

19.05.2019 
A- A+

DeNDE HAI MÁIS DE MIL ANOS, son moitos os peregrinos que se deciden a facer o Camiño de Santiago cunha finalidade común: acadar Santiago de Compostela e, como non, a súa afamada Catedral. Múltiples peregrinos, xa sexa andando ou en bicicleta, sós ou acompañados, e independentemente da climatoloxía, lánzanse a esta experiencia única e inolvidable que  moitos desexan repetir. Na maioría dos casos, os retos personais, o acercamento a un mesmo, o interese pola historia, a arte, a naturaleza ou o deporte son os factores primordiais que levan aos peregrinos a realizar esta longa travesía de moitos kilómetros de distancia.

Como non podía ser doutra maneira, o prestixio do Camiño de Santiago queda recoñecido polo Consello de Europa, que o cualificou como Itinerario Cultural Europeo no ano 1987, e pola UNESCO, que máis tarde o cualificou no 1993 como Ben Patrimonio da Humanidade.

Peregrinos chegados dende diferentes partes do mundo, atraídos pola maxia do Camiño, anhelan a súa chegada cara a nosa terra e descubriren a Catedral santiaguesa .

Cabe destacar que a Catedral de Santiago de Compostela, corazón da cidade é mais da comunidade galega, ademais de ser un templo milenario cunha riquísima historia; foi  declarada Ben de Interese Cultural, e supón o máximo expoñente do románico de toda a Península Ibérica.

É tal a beleza do Camiño, que atrae a centos de miles de peregrinos ano tras ano. En efecto, no ano 2017 superouse a barreira dos trescentos mil camiñantes, contabilizándose 301.036.

Non obstante, esta cifra superouse ao ano seguinte en 26.316 peregrinos máis, é dicir, cun total de 327.387 camiñantes. Ata o momento, neste ano 2019, acudiron polo Camiño de Santiago aproximadamente unhas 25.330 persoas entre os meses de xaneiro e abril.

Por outra parte, independententemente da súa trascendencia e recoñecemento cultural, o Camiño xera riqueza económica en Galicia e no resto de España, de ahí que teña certa  relevancia. Segundo establece un estudio da Universidade de Santiago en colaboración co Turismo de Galicia, un peregrino gasta 2,3 veces máis que a media dos visitantes que veñen a Galicia. Outra das súas vantaxes é tamén contribución que supón á creación de emprego, en  concreto un 18% máis que un turista convencional.

Con todo isto, é importante que teñamos consciencia de que contamos cun dos maiores valores turísticos e culturais do noso país e incluso de Europa, caracterizado por ser un foco de  transmisión do saber. É un feito significativo que nos últimos anos move grandes masas de persoas de moitas nacionalidades diferentes, e que cada ano aumentan considerablemente.

Porén, é necesario que contribuamos ao mantemento de mecanismos que protexan o Camiño de Santiago e deste modo, garantizar que serán cada vez máis as persoas que poidan ter a oportunidade de desfrutar del e mais dos segredos que agocha.

En definitiva, a súa preservación depende de nós e mais das nosas boas accións. Só debemos poñer un pouco da nosa parte e obteremos un resultado satisfactorio.

1º de bachillerato La Salle. Santiago