El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

CARTAS ASOMBRADAS

CAETANO DÍAZ

Sen Alicia na Galicia das marabillas

13.01.2019 
A- A+

A Teresa Táboas, arquitecta, ex conselleira do Bipartito e exparlamentaria do BNG // 

Ilustrador: JOSÉ LUIS ESTÉVEZ

FOTO: Ilustrador: JOSÉ LUIS ESTÉVEZ

Foi vostede a nosa Alicia cando soñabamos, ilusos, coa Galicia das marabillas. Puido ser o rostro amable dun nacionalismo moderno e progresista, sen medo ao interclasismo e con argumentos para pescar en caladoiros con moitos votos. Pero non. Foi devorada, dona Teresa, pola intransixencia dos puros e o cainismo dos rupturistas. E desapareceu da vida pública con esa discreta elegancia que a converteu en estrela emerxente daquel Bipartito que porfiou até que conseguiu facerse o harakiri, coa axuda inestimable, iso si, de actores externos con métodos que cheiraban a mafia, digámolo todo.

Revolucionou vostede o planeta do ladrillo, naquel Goberno demonizado de Touriño e Quintana, coas Normas do Hábitat, convencida de que o problema da vivenda en Galicia non é de metros, senón de calidade na construción. Durou un suspiro a súa arriscada aposta: o Executivo do PPdeG derrogou o controvertido decreto -déronlle as costas os concellos, os promotores e os arquitectos, celosos os uns das súas competencias municipais, atrincheirados os outros na súa liberdade para deseñar e construír-, baixo o que se visaron só dez mil vivendas escasas nos seus dous anos de vixencia.

Todo isto sábeo ben, señora Táboas, como sabe que a súa maneira de xestionar, de facer política e de xerar opinión, foi un sopro de aire limpo sobre as leiras do nacionalismo. Estaba chamada a ser a musa da política galega neste convulso comezo de século. Non digo eu, dona Teresa, que a primeira presidenta da Xunta -demasiado para o corpo desta Galicia que gusta de dixerir os cambios con moita calma e pouco sobresalto-, pero quizais si a primeira xefa da oposición. Non puido ser. No nacionalismo faltou altura de miras e sobrou minifundismo. O de sempre, que lle vou contar.

Regresou no 2012 ao seu estudo de arquitectura, señora Táboas, e colleu distancia no México lindo e querido. Un ano despois, nunha desas entrevistas canónicas que asina Isabel Bugallal, periodista admirable, agasallounos con reflexións que non fan máis que apontoar esa lucidez súa tan chea de frescor, coma cando avisa de que xa non serven as respostas que deron Castelao ou Bóveda, e de que os galegos demandan proxectos que miren cara ao futuro. É o seu un discurso sen complexos, co que denuncia que ningún político está hoxe á altura das circunstancias e dos grandes retos.

O caso é que a prensa recolleu a súa reaparición sen ruído no debate organizado por En Marea estoutra semana, pero aí quedou a cousa. Non sabemos se foi só un regreso puntual, fugaz. Si sabemos, algúns, que a Galicia das marabillas agarda pola súa Alicia. Siga con saúde.

A MANUEL BALTAR, PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE: Galeguismo máis aló da ourensanía

Recuperar a nosa memoria histórica e poñer en valor o mellor dos nosos sinais de identidade é unha excelente maneira de honrar a encomenda que nos deixou Castelao para poñer a Galicia no lugar que lle corresponde no mundo e que, digo, merece. Esta semana que remata xa, no ronsel de actos polo cabodano do pasamento do pai do galeguismo, loce con brillo propio o que vostede impulsou en Ourense, onde xuntou políticos, empresarios e intelectuais de todas as sensibilidades na homenaxe ao rianxeiro eterno e ao seu albacea Rodolfo Prada, irmaus que agrandan a lenda do galeguismo integrador.

Non é doado, don Manuel, congregar como vostede fixo un centenar de líderes sociais. Alí estiveron Román Rodríguez, conselleiro que domina a arte de tecer consensos; Valentín García, que con tanta prudencia e diplomacia goberna a área sensible da normalización lingüística; Ramón Villares, metido a influencer da cultura institucional, ou Luís G. Tosar, poeta que creou unha súa ínsua para manter vivos o legado e a palabra dos bos e xenerosos. É certo que ninguén do Consello da Cultura apareceu por Ourense -quizais anden nos biosbardos, a conta do éxito da exposición Alba de Gloria, en San Domingos de Bonaval-, pero nada é perfecto nesta vida.

Foi un acerto, si, recuperar a peripecia galeguista do editor de Sempre en Galiza, e o seu rol de loitador contra o esquecemento e a prol da esperanza. Foino rescatar o seu protagonismo, na diáspora de Bos Aires, no rexurdimento de Castelao como patriarca da galeguidade.

O que vostede fai con estas iniciativas, con estes xestos cargados de (boa) política, trascende as fronteiras da ourensanía, ese artefacto made in Baltar, e aluma as afoutezas do galeguismo integrador para percorrer os camiños deste laberíntico século, minado por unha ensalada de ismos tóxicos. Parabéns!

SIC TRANSIT

GLORIA MUNDI

Paula Prado, viceportavoz del Grupo Popular en el Parlamento de Galicia: "Desde el PPdeG no vamos a cambiar la actitud de rechazo absoluto a la violencia de género. El debate sobre las diferencias con la violencia doméstica ya está superado. Y quien no lo haya hecho debería remitirse a catorce o quince años atrás".

La impetuosa diputada conservadora le ha cantado a Vox lo que Javier Krahe, vitriólico poeta de bares y madrugadas, le dedicó a Felipe González, cuando lo de la OTAN: Hombre blanco hablar con lengua de serpiente/ Cuervo ingenuo no fumar la pipa de la paz con tú/ ¡Por Manitú, por Manitú! Bien hecho.

Pablo Iglesias, líder de Podemos, en una entrevista con el psicoanalista y escritor argentino Jorge Alemán: "Los hombres feministas follan mejor".

Es una lástima que no aporte el político rupturista estudios solventes que avalen su sorprendente revelación, más allá de las leyendas que al parecer circulan en círculos feministas, pero su aseveración es un interesante banderín de enganche -¿alguien se atreve a dudarlo?- a la justa causa de las mujeres. Si, además de mejor, se folla más con la receta de don Pablo, ¿dónde hay que firmar para apuntarse al club de la masculinidad feminista?