El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

TRIBUNA LIBRE

ÓSCAR CIFUENTES

Os traballadores da mina de Touro defenden o seu labor

11.11.2018 
A- A+

durante os últimos meses os traballadores do sector mineiro na comarca de Touro-O Pino

estamos a vivir unha dura situación que vai dende denuncias sen base técnica que poñen en perigo o noso futuro ata ter que convivir no noso propio pobo e arredores con pancartas e

pintadas ameazantes, tanto en espazos públicos como privados, que cuestionan a nosa labor como profesionais.

Desconcértanos tamén que algúns políticos permitan colgar esas pancartas nos seus concellos pero que despois se enchan a boca defendendo o sector industrial e incluso algún sector mineiro concreto en Galicia. Industria si, pero mina non? Sinceramente, non o entendemos...

Por qué se protesta porque unha se pecha pero ao mesmo tempo tamén se está protestando porque outra se vaia reabrir? E a nós, os traballadores, quen nos defende?

Nós tampouco queremos quedar sen traballo, nin nos gustaría ver como se perde a oportunidade de que se creen moitos máis empregos, e se poida desenvolver esta industria en potencia que temos á beira da casa.

Só pedimos que se nos deixe facer o noso traballo e que se confíe na lexislación e nas estritas normativas ambientais vixentes, que non permitirán en ningún caso que a actividade mineira poida afectar ao entorno e, moito menos, que se destrúan centos de postos de traballo.

E é que nós somos os primeiros interesados en evitar que iso ocorra, e por iso cremos que somos nós, os traballadores e traballadoras, quenes estamos máis capacitados para defender a nosa labor.

Porque tamén queremos darlle un futuro para os nosos fillos e fillas. Porque tamén amamos a nosa terra. Porque tamén defendemos o noso territorio.

REPRESENTANTE DOS TRABALLADORESDE COBRE SAN RAFAEL