Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falemos de economía

    HAI tres semanas tivo lugar un emotivo homenaxe a Luis Caramés na Facultade de Económicas da USC, onde transmitiu os seus coñecementos a miles de alumnos durante 35 anos.

    Na primeira parte do acto, os catedráticos de economía J. Cuadrado (titular da Cátedra Jean Monet da UE), J. García (presidente do Círculo Cívico de Opinión) e J. González-Páramo (membro do Consello de Goberno do BCE ) expuxeron a súa visión sobre a Situación actual e perspectivas da economía. As intervencións estiveron sementadas de numerosas referencias a Luis e interesantes reflexións sobre a situación económica mundial.

    Sobre a chamada post-pandemia recordaron como a recuperación despois das dúas guerras mundiais durou moitos anos –en torno a cinco– e non houbo unha volta á normalidade: máis ben pasouse a outra diferente. E da crise dos fondos tóxicos do 2014, recordaron como a recuperación non chegou ata o 2018; e no 2019 moitas persoas aínda non a tiñan percibido e retrocederon moitos anos atrás pola pandemia.

    Nestas crises a desigualdade disparouse. Aínda que uns poucos se enriqueceron, a maioría perdeu; e quen estaban peor –sen capacidade de aforro por salarios baixos...– caeron aínda máis. Isto debilita ás sociedades democráticas, que se basean nunha sociedade minimamente cohesionada; a cal, de non existir, deslexitima o sistema.

    Tamén se notaron as consecuencias da deslocalización en numerosos procesos, como a fabricación de chips. O 57% destes fabrícanse en Taiwan, o 7% Samsung e o resto en porcentaxes moi pequenos fóra de EE. UU. e Europa. As consecuencias de poñer as empresas fóra para aforrar custos xeran dependencia e vólvense contra quen as alentou.

    A máis, dende 2010 houbo un repunte do nacionalismo económico: os convenios bilateriais de comercio caeron moito, o brexit...; producíndose unha desglobalización dentro da globalización.

    No Plan de Recuperación e Resiliencia hai 202 reformas en 200 páxinas e pásase de puntillas sobre moitos temas; e no Next Generation falta transparencia. Mentres en España depende da Moncloa –non directamente dos ministerios–, en Italia teñen unha Comisión de técnicos independentes. A avaliación ex ante non existe e non se especifica o responsable. Os países centroeuropeos non van a dar cartos aos do Sur senón hai resultados e, de non producirse, dirán: foi polas súas decisións, non vale dicir axúdeme, como lle pasou a Grecia...

    Ao rematar o acto, o Consello Xeral de Economistas concedeu a Luis a Medalla ao Mérito da Economía a título póstumo por unanimidade. Luis, que avanzou que os problemas virían non só da demanda (contracción) senón da oferta, foi –e sigue sendo– un gran mestre e un gran amigo.

    04 dic 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito