Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Faltar (a escola)

    NA anterior columna falabamos das diferentes maneiras que rexistran os dicionarios italianos o noso “latar” (a escola). Convén agora suliñar como se chegou en italiano desta acepción e desta técnica culinaria a, como din agora “fumar a clase”’, latar, marinare la scuola, acepción que xa se documenta en 1803? En poucas palabras: non se sabe. Recórdese ademais que aínda estamos moi lonxe dos tempos da escola obrigatoria.

    O certo é que nos dicionarios do s. XVIII xa hai algo parecido aínda que non cristalizou nunha frase tal e como a coñecemos hoxe (Vid. a divertida historia no dicionario etimolóxico de M. Cortelazzo e P. Zolli, que se pode consultar na nosa facultade de Filoloxía).

    Anteriormente podíase marinare a misa, ou tamén facer salina. Aínda hoxe se pode salare a escola. Antes estas verbas apuntaban noutros contextos a situacións de engano, esaxeración, etc.; como cando o mestre –di a crónica– quentáballe o cu o neno e este berraba máis do que correspondía a intensidade do castigo.

    Este marinare la scuola hoxe, como daquela, nos anos 70, chamou a atención os modernos lectores dos usos sociais en internet e periodicamente os datos de “latar” vanse poñendo o día e trazan un mapa certamente curioso do italiano actual. Son solucións, ocorrencias case que de tipo xergal que indirectamente poden suliñar a forza do dialecto no fondo lingüístico local, pero que alí como aquí pertencen a un uso conversacional e case familiar. Os regulamentos escolares falan de faltar a clase, de latar, pero non de fumala ou “saltársela a la torera”, “hacer novillos” na lingua veciña.

    Entre os moitas testemuñas que a rede Internet ofrece falando deste significado concreto gústame sinalar a iniciativa dunha universidade alemá que plasmou nunha páxina web a variedade que unha xeografía e sociedade como a italiana, ofrecen a un lector curioso e que non ten a man atlas lingüísticos, dicionarios, vocabularios dialectais, etc; trátase dunha iniciativa do departamento de romanística da Universidade Humboldt de Berlín, ALIQUOT, acrónimo de L’Atlante della Lingua Italiana QUOTidiana, que pretende cartografiar as variacións do italiano rexional e que, desgraciadamente, non vemos actualizar.

    E curiosamente ALIQUOT empeza con esta pregunta
    literal “marinare la scuola,
    chi non l’ha mai fatto?” hai que dicir que ás preguntas contéstase voluntariamente
    e anonimamente.

    Ata este momento mandáronse ou expuxéronse cinco enquisas cun número variable de preguntas sempre inferiores a vinte. Cada pregunta vai precedida dunha imaxe que ilustra a pregunta que se fai en italiano. En concreto, a primeira pregunta da primeira enquisa podía traducirse así:

    “Que expresión se oe normalmente na túa cidade ou no teu pobo para non ir á escola inxustificadamente?”. Pois ben, a esta primeira pregunta responde, digamos voluntariamente e “academicamente”, a meirande parte dos falantes do arco alpino, incluídos os vales que se expresan en italiano e na práctica as grandes capitais co consabido marinare ben aprendido na escola e o oficial dos medios de comunicación. Catania, Trápani e Trieste son as grandes ausentes; por suposto os seus falantes coñécena sobradamente pero non a usan de xeito habitual.

    22 sep 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.