Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galegofobia nos Premios da Crítica

    NA entrega dos XLIV Premios da Crítica de Galicia, produciuse unha falta de respecto e decoro institucional que non me lembro que ocorrese algo semellante desde 1977, cando comezou esta festa reivindicativa da cultura galega.

    O voceiro da Deputación de Pontevedra, e tamén do concello de Vigo, Carlos López Font, subiu ao estrado e botou o seu discurso en castelán.

    Escoitáronse uns tímidos “en galego, en galego...” que non apouquiñaron ao político socialista. Pero as protestas tampouco foron máis alá. Houbo algunhas persoas que, timidamente, se deron ao pándigo, como se fosen ao escusado.

    Actitude do voceiro socialista e man dereita para todo do alcalde Abel Caballero, é inaudita por darse nun acto de tradicional e reivindicativa defensa da cultura galega e do seu idioma.

    Quixo plantar López Font un piñeiro ante todos os representantes oficiais da cultura galega, desde o conselleiro e o director xeral, presidente do Consello da Cultura, da Academia, ao presidente do Parlamento que, dáse a circunstancia, gabou no seu discurso que parlamento non hai quen discurse en castelán?

    Canto hai de actitude política, de desafío, de carga contra o noso idioma e a nosa cultura nesta actitude do señor Font?

    É certo que se caracteriza non só por usar acotío o castelán, senón por non ser un mal encarado. Chegou tarde e enfurruñado ao acto. Non quería estar presente?

    Non sabían a señora presidenta da Deptuación, Carmela Silva, e o señor alcade de Vigo que falaría en español? Tamén é certo que estes dous mandatarios socialistas se prodigan pouco co noso idioma.

    Se me chamou a atención o desfacho de López Font, sorprendeume tanto ou máis que este suceso ficase ocultado. Que non reaccionasen publicamente nin os organismos oficiais galegos, e, sobre todo, a xunta directiva dos Premios da Crítica.

    Será que quen paga manda?

    Aínda haberá quen diga que está no seu dereito, pois ambos os idiomas son oficiais... E eu contestolles, se te convido a miña casa e ves insultarme, mellor que non veñas, que, se non queres saír pola porta, saes pola fiestra.

    20 nov 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito