Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 25 mayo 2020
10:36
h

Horror, inmenso horror!

    ERRO, estupor. Horror! Dimisións... Que é o que aconteceu para semellante balbordo mediático? Que o PSOE, Podemos e HB-Bildu asinaron un acordo parlamentario.

    E que é iso tan “grave e sen precedentes” que eles acordaron? Nin máis nin menos, que derrogar a reforma laboral do goberno de Mariano Raxoi. Nunca tal se vira e nunca se falara desta medida? Pois si. O PSOE sempre prometera que ía derrogar esta lei. Así o anuncia o 10 de novembro do ano 2019 cando presenta o seu programa electoral.

    Esta “derrogación urxente da reforma laboral”, tamén aparece no acordo de goberno asinado o 12 de novembro do ano 2019 por Pedro Sánchez e Pablo Iglésias.

    E o 3 de xaneiro no acordo asinado por Ana Pontón e Adriana Lastra polo que o BNG lle da o seu apoio a Pedro Sánchez para a súa investidura, volve aparecer “a derrogación da reforma laboral”.

    E cando Pedro Sánchez é elixido presidente o 7 de xaneiro, a “derrogación da reforma laboral” está tamén presente nos eu discurso de investidura. Os sindicatos, UGT e Comisións, agora equidistantes entre Goberno e patronal, tamén demandaban esa derrogación a mínima oportunidade. Logo o que alporizou a metade da clase mediática e a unha parte da política foi o acordo con HB-Bildu.

    Certamente. O mundo abertzale foi sempre, con ETA matando ou desfeita, un recurso político para paralizar medidas que nada teñen a ver coa soberanía de Euskadi ou outras medidas bilaterais, comezando polas liberdades.

    Que o acordo se asinase con Bildu é só unha escusa da patronal, da dereita e de todos os medios ao seu servizo, para evitar que a reforma laboral prometida e asinada se leve a termo.

    Xa estaba na axenda do Goberno central no mes de marzo, pero o 25, coa chegada da pandemia, decidiron aprazala. Agora volven declarar a súa urxencia. E a grande patronal decide botar abaixo a medida. É unha concesión a ETA! Chaman a vicepresidenta Calviño e ameázana con centos de millóns de despidos antes de que a reforma se faga efectiva. O PSOE entra en pánico... O demais xa o saben.

    22 may 2020 / 23:53
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.