Infocracia
O actual réxime de información é unha forma de dominio no que o seu procesamento algorítmico e intelixencia artificial condiciona os procesos sociais, económicos e políticos.
Hoxe o poder obtense pola información para vixiar e controlar o comportamento, degradando ás persoas a condición de datos e gando consumidor senténdose paradóxicamente libres e creativos.
O réxime de información conquista a mente, deixando ó corpo coma obxecto de culto estético, secuestrado pola industria da beleza.
Os “influencers” están revestidos dunha dimensión relixiosa, participando nunha eucaristía dixital, onde o o like é o amén, compartir é a comunión e o consumo é a redención. Ista liturxia convirte a propia identidade polo consumo nunha mercadoría. Consumo e revolución son antagónicos.
A palabra latina datum ven de dare (dar). Os medios dixitais posibililtan o dominio da información até facer que a democracia dexenere en INFOCRACIA. Deste xeito o Tsunami informativo apoderase da esfera política.
Seguindo a Habermas, o decaemento do público é a conversión en suxeitos pasivos os telespectadores, convertendo a democracia en telecracia que non pretende outra cousa que entreter obviando deste xeito o esforzo cognoscitivo. Os contidos ceden ante as imaxes de tal xeito que quen millor espectáculo presente, gaña as eleccións.
A historia da dominación presenta o relato das pantallas, iniciado por Platón na alegoría da cova onde encadeados ven sombras proxectadas na parede pensando que son a auténtica realidade. Ista alegoría resalta os mitos.
A pantalla de Orwell mostra o estado de vixianza totalitaria presente coma un aparello disciplinario biopolítico. Na telecracia a pantalla do Gran Irmán trócase pola pantalla televisiva entretendo á xente.
No mundo feliz de Husley domina o pracer, os desexos deben ser satisfeitos ó momento. A obriga de ser feliz domina a vida dentro dun Estado distribuidor da droga SOMA. O novo réxime informativo co seu frenesí comunicativo atrapa as persoas nuna inmadurez.
A INFODEMIA é a nova perversión da esfera pública desfacéndose en espazos privados . E necesario unha fenomenoloxía : A información carece de estabilidade. A realidade é arrastrada a un vertixinoso torbellino de actualidade. A aceleración informativa anula o necesario repouso do coñecemento. Pensar é formar proxectos e reflexionar das posibles consecuencias. A comunicación afectiva suplanta a racionalidade dando preferencia á excitación por enriba do acougo.
Orwell adverteu: “O novo fascismo virá camuflado coa bandeira da liberdade...”, a mesma que mantén os privilexios expolía o público, recorta os dereitos, levanta muros e defende a impunidade.
A Psicometría é un procedemento basado nos datos para conquerir un perfil da personalidade permitindo deste xeito predecir o comportamento.
O Smartphone e un dispositivo de rexistro psicométrico alimentado con datos diarios. Partindo dos psicogramas dos votantes elaborase unha publicidade personalizada nas redes sociais.
A INFOCRACIA basada en datos socava o procedemento democrático ó atentar contra a autonomía e libre albedrio. Deste xeito aos votantes manipulanse con publicidade adaptada ao seu psicograma. A dimensión pública fendese en mensaxes diferentes; desta maneira os cidadans quedan reducidos a un gando de votantes que ten como obxetivo asegurar o poder ós políticos.
A INFOCRACIA xera unha guerra de información perventindo as campañas electorais . Os ciudadans son cambiados por robots que terxiversan o clima de opinión nos medios sociais impoñendo o seu criterio, e dicir a prevalencia dos algoritmos mais intelixentes.
Na INFOCRACIA non ten cabida o discurso. A Democracia esmorece nunha xungla de información. A verdade e veracidade non interesan consolidándose o triunfo das imaxes, que son mais lixeiras cos textos . A coherencia lóxica do discurso queda anulada polos medios virales.
A verdade é a gran derrotada, ó ser incapaz de conquistar a información.
Dende a prespectiva do Big-data a democracia de partidos vai esmorecer nun futuro próximo...
Comentario reflexivo á obra INFOCRACIA de Byung-Chul Han.