Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Iniciativa Cidadá

    ÁS veces opinamos que a xestión europea está moi lonxe da cidadanía, como un ente invisible que opera desde Bruxelas e Luxemburgo, non sen razón, dependendo de onde. Certo é que a burocracia europea e ríxida e moi compacta, porén desde a miña forma de ver é efectiva e máis próxima do que poida parecer. Accedendo aos parlamentario europeos de cada circunscrición podes poñer cuestións no debate da UE, mais son consciente de que a vida partidaria é en España un obstáculo para tal fin, os deputados/as renden obediencia partidaria, non territorial, agás algún caso.

    O cambio de paradigma na relacións que causa a COVID-19 pode impulsar una nova forma de aproveitamento do marco legal europeo, as Iniciativas Cidadás. Hoxe coa conexión global e coas vídeo chamadas, instauradas na vida de cada quen, é máis doado a implicación de dita medida. É certo que as condicións son duras, un millón de firmas e sete estados, cun mínimo por Estado porén son condicións xustas para recoñecer a diversidade da iniciativa.

    Neste punto e como opinión quero falar dunha destas Iniciativas Cida-dás con xerme en Hungría que uns amigos están poñendo en valor: SignatureEurope na web www.singnateeurope.com a cal considero moi
    interesante a unha oportunidade
    para Galicia como País como unidade cultural e como Nación con
    problemas estruturais propios de
    eido meramente europeo como a PAC e a pesca.

    É unha iniciativa para poñer o debate na Unión, da necesidade de protexer as rexións con identidade de Nación como o é Galicia. Pero non no debate de ser ou non, ou de recoñecemento internacional, iso xa o temos de facto (cómpre máis traballo certo) vai encamiñada á cuestión importante no marco europeo, o acceso directo a fondos UE.

    Para unha acción política moi concreta: a xestión para a cohesión económica, social e territorial dun xeito efectivo que non altere a personalidade e identidade que lle son propias a cada rexión. Garantindo o éxito da diversidade cultural e freando o afán de centralización dos estados en moitos dos casos.

    Considero que este é un debate o que Galicia ten moito que gañar, esta IC está moi preto de conseguir as condicións para o debate nos centros de poder da Unión Europea. En España, hoxe está no 96% da sinaturas. Aquelas persoas que acreditan nunha Europa dos Pobos, nunha Europa Federal e diversa e na Nación galega, pídovos o apoio a esta boa iniciativa.

    Barátsággal din en Hungría. Con Amizade.

    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito