Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Leis rigorosas contra os ocupas

    ¡POR FIN! Conforme informou o Ministerio del Interior o 23.09.2020 a nova funcionalidade contra os okupas está dispoñíbel e pode atoparse en AlertCops, pestana Ocupación ilegal de vivenda. Lembrou que esta aplicación pode descargarse nos principais markets. Este novo apartado contra os ocupas permite a afectados, propietarios, veciños ou a calquera outro usuario que detecte unha ocupación ilegal de inmóbeis informar de xeito inmediato e de maneira discreta ás Fuerzas de Seguridad del Estado.

    Interior indicou que esta opción foi posta en marcha de forma paralela ao novo protocolo de actuación establecido pola Secretaría de Estado de Seguridad ante as ocupacións ilegais de inmóbeis para a Policía Nacional e Guardia Civil que homoxeneiza e mellora a resposta oficial. Dende esa data o Ministerio do Interior inclúe unha nova alerta para comunicar de forma inmediata casos de ocupación ilegal de vivendas.

    E permite poñer en coñecemento de @policía e @guardia civil un alleamento ou usurpación dun inmóbel. Este protocolo sinala que a Policía Nacional e Guardia Civil poderán desaloxar de inmediato sen necesidade de solicitar medidas xudiciais en caso de delito flagrante.

    Van alá case catro anos xa que me referín á crecente degradación da deficiente civilidade da sociedade hispana. Fixera referencia aos okupas, ao grave in crescendo das delituosas ocupacións de vivendas deshabitadas en zonas rurais ou sectores urbanos cunha deficiente penalización, tanto para vivendas principais que consten no padrón municipal, como vivendas secundarias en estancia temporal ou desocupadas sen causa xustificada.

    Recentemente a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) alerta do crecemento da ocupación ilegal de vivendas (no que inflúe a repercusión social pandémica), que empeorará se non se garante a seguridade xurídica do propietario, xa que o desafiuzamento exprés é insuficiente para frear estas delituosas conductas.

    Dicía entón que as actuacións dos okupas se definían polo carácter marxinal das súas accións e por certo illamento en pequenos grupos de execución que tratan de se desviar das normas da sociedade dominante consonte a un ideario que representa un xeito anómalo de contra-cultura oposto ás formas e costumes do sistema establecido.

    O estudo identifica o que denomina “zonas calientes” das ocupacións en Galicia, a unha trintena das zonas das sete cidades afectadas pola okupación: A Coruña (Monte Alto, Avenida de Peruleiro, Rúa da Paz, Ronda de Nelle, Agra do Orzán, A Zapateira, Eladio Rodríguez e Rúa de Padre Busto), Lugo (Barrio da Milagrosa, As Gándaras, Barrio Feijóo e A Chanca), Santiago (Rúa de Belvís, Barrio do Pexego, Rueiro de Figueiriñas, Barrio de San Pedro, Algalia de Arriba, Cruceiro do Galo), Vigo (Travesía de Vigo, Teis, Calvario), Ourense (Praza de Abastos, Celso Emilio Ferreiro, zona das Burgas, zona do Vinteún, Avenida de Portugal e zona Mariñamansa)... Urxía xa esa actualización e unificación legal nesta materia.

    04 oct 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.