Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

LULA

    loita xusta. Pode ser un heroe mesmo quen triunfa, quen sucumbe, pero endexamais quen abandona o combate (Thomas Carlyle). Cunha mensaxe de rescatar da fame a 33 millóns de brasileiros e a outros 100 millóns da pobreza, Lula da Silva xurou como 39º presidente da República do Brasil o primeiro día do ano 2023, nunha cerimonia celebrada con estritas medidas de seguridade debido ás ameazas do bolsonarismo que esixía un golpe militar, non asumindo a derrota democrática nas urnas. Despois da demolición de dereitos e soberanía urdida polo seu predecesor ultra-dereitista Jair Bolsonaro, o novo presidente esquerdista fala de esperanza e reconstrución, repetindo o seu compromiso cando chegou por 1ª vez ao poder de que “a misión da súa vida sería cumprida cando cada brasileiro e brasileira puidesen comer 3 veces ao día”. Tal como sentenciou Thomas Carlyle, Lula, malia os seus 77 anos e as afrontas recibidas, pasando por unha inxusta estancia na cadea, segue na loita por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

    25 ene 2023 / 06:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito