Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mágoa por Dositeo

    RECIBO con fondo pesar a nova do falecemento de Dositeo Cela. Moitos non coñecerán sequera este nome. Outros sí tivemos a fortuna de atopalo nos eidos caprichosos da vida, esta deparounos a inmensa fortuna de que nos tivéramos encontrado. Na mañá do xoves escribiume Carmen Calvo, unha das máis leais persoas e servidoras que me atopei na niña estadía no Igape. A nova abraioume, deixoume por uns intres absorto na lembranza e o mesmo tempo na incredulidade. Estou seguro que quen coñeceu a Dositeo, Dosi, a sensación foi exactamente a mesma. Unha sacudida, un tremor de arrepío e incerteza que non podes crer. Mais a vida e así.

    Dositeo puxo en marcha un proxecto titánico a carón de Extravaganza, ven coñecido en Lugo pero tamén no resto de Galicia. Era un soñador realista, xeneroso e bo, como poucas veces podes apreciar nas persoas. Sen doblez. Sen pretensións. Humilde coma poucos e cunha capacidade de entusiasmo e axuda únicas. De eses que construen país cas súas mans e as verbas apoucadas de vaidade e cheas de ilusión, de derribar muros e imposibles, de crer nun mesmo e nas empresas e capacidades galegas. E levou, dou fe, a centos delas por Europa e Asia a ofrecelos seus productos. Extravaganza non era un selo máis, era a creación dun home cun entusiasmo e capacidade únicas, contaxiosas nas nosas posibilidades. Abríndose paso a forza de traballo, de ilusións, de moita sinxeleza esvaída de toda pretensión de recoñecemento. Aborrecía esas vaidades da xente do común. Non quería medallas. Quería traballo, rompendo o minifundismo mental que as veces nos abrangue coma pobo. Non importaba que fora en Londres, en Berlín, na India ou mesmo China. Alí facía país, e facía por todos nós. Sempre. Xuntaba a vinte ou trinta das nosas mellores empresas gourmet ou non, os nosos chefs, e organizaba primeiro ca prensa especializada daquel país, e logo para posibles compradores retail ou o por maior, de cadeas de supermercados, restaurantes, etc., exposicións, degustacións, presentacións, etc., ofrecendo o noso, o de todos nós. Embaixadas, empresas, intermediarios, loxística, e sempre Galicia no corazón. Abrindo portas, mercados, persoas. Dositeo era único, o mesmo atesourando humildade e bondade que determinación pétrea no que representaba, Galicia e os seus empresarios, productores, etc. Logo viñan as axendas e reunións que organizaba para cada unha das empresas que ían baixo Extravaganza, as oportunidades de comercio.

    Xa de volta eu a Madrid, vino en tres ocasións. Que nunca esquecerei. E sempre unha verba de agradecemento cando era eu e nós os galegos os que lle tiñamos que agradecer. Cantas portas abríu, e cantos sinsabores tragou e calou. Lembro hoxe a derradeira vez que tiven o agasallo da súa presenza e cariño, na homaxe que brindamos a Xermán Macía, garda civil que finou de ELA. Alí estaba Dositeo con ese xesto de infinda grandeza. Agora o lembro e tamén os seus cativos. Grande, amigo meu. Grande.

    19 abr 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.