Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mejor en el Vaticano que en Colón

HAY una amplia mayoría de españoles que está en contra de estos indultos. Al menos, en la forma en que el Gobierno quiere. Los beneficiados no solo rechazaron pedirlos sino todo lo contrario, entonan el volveremos a hacerlo. O sea, volver a delinquir, sin acatar las sentencias. El Gobierno dice acatarlas, aunque en los últimos días el presidente no deja de hablar de revancha y venganza, que muchos entienden como reproches al Supremo. Si fueran dirigidas a la oposición y a la gran mayoría social que los rechaza, lo explicitaría. La ambigüedad presidencial -fue muy clara cuando prometió que nunca los indultaría- parece calculada. Espera obtener un retorno. Coincide con el discurso, ahora se llama relato, del independentismo catalán en su campaña de desprestigio de la Justicia española con el fin de garantizarse el apoyo de ERC.

El Ejecutivo debiera defender la división de poderes, característica esencial del estado de derecho, y no colaborar a su deterioro. Sánchez juega con fuego sin necesidad porque las mayorías parlamentarias no van a variar, conceda o niegue los indultos, hasta los próximos comicios y el cambio de tendencia que reflejan las encuestas difícilmente se va a frenar. Los resultados electorales en Galicia, País Vasco y Madrid anticipan el declive del sanchismo.

En medio de tan desapacible clima político se celebra hoy la manifestación en Madrid contra los indultos. La convoca Unión 78, plataforma cívica liderada por la exsocialista Rosa Díez. A la movilización se suman varios partidos, entre ellos PP, Vox y Ciudadanos. La iniciativa es democrática y respetable. Afortunadamente, en nuestro país no hay censura gubernamental para protestar a la calle. Basta comunicarlo. No entiendo las críticas, y menos las de quienes proponen suprimir el aviso previo para manifestarse, trámite muy conveniente por elementales razones de seguridad.

Pero a pesar de este derecho, que defiendo a capa y espada, dudo mucho que se consiga el objetivo principal, frenar los indultos, y que los partidos que la apoyan, en especial PP y Ciudadanos, obtengan un buen rédito. ¿Lo hacen para evitar el protagonismo de Vox? Duraría dos días. La prioridad sigue siendo la pandemia y sus secuelas. El Xacobeo es vacuna eficaz para afrontarlas. Es más útil estar en el Vaticano que en Colón.

Fóstesvos antes de tempo

NAS últimas semanas vimos sufrindo, cunha frecuencia insólita, dolorosos impactos emocionais como consecuencia do falecemento de persoas que polo seu labor a prol de Galicia deixarán fonda pegada e ás que, polas razóns que sexan, case sempre profesionais, tivemos a sorte cando menos de coñecer e, nalgúns casos, de tratar máis persoalmente. De memoria podo citar a Xerardo Moscoso, cantautor de Voces Ceibes, que nos deixou en terras mexicanas, a patria compartida coa galega; José Couselo, bizarro xornalista; José Carro Otero, sabio pero sempre accesible; Isaura Abelairas, mestra e política; Luís Caramés, catedrático que apontoaba a ciencia económica coa praxe, e por último Alfonso Paz-Andrade, empresario humanista, continuador do gran labor do seu pai Valentín. Cito aos cinco, de ideas e traxectorias diversas, pero coincidentes nun período histórico de Galicia -e España- no que compartiron anhelos e saberes por facer un país mellor, sempre baixo a óptica democrática e galeguista. O último medio século das nosas vidas estiveron guiadas por xente, boa xente, como esta. Todos temos sombras -o que estea libre de pecado...- pero unha vez que nos deixaron hai que reparar na brillantez das luces que irradiaron durante décadas, imprescindibles no bo camiño percorrido. Só un reproche: deixástesnos antes de tempo.

Bombeiros, materia pendente

UNHA muller finou hai poucos días en Sigüeiro a causa do incendio na súa vivenda. Acudiron os bombeiros de Ordes, a 13 quilómetros de distancia, e os de Arzúa, a 31. Non o fixeron os de Santiago, teoricamente mellor dotados en medios humanos e materiais, a un quilómetro menos de distancia que os primeiros e case 20 menos que os do outro concello citado. O fatal desenlace probablemente fose irreversible neste caso. Iso saberase coa investigación, se é que se fai, pero máis aló deste feito concreto nada xustifica que en situacións de emerxencia, con vidas por medio, non se actúe con urxencia e de oficio dende o lugar máis próximo. Por iso paréceme moi oportuna a iniciativa do concelleiro Sánchez Brunete sobre o asunto. Dá no cravo do asunto: o servizo de extinción de incendios de Santiago e de toda a comarca adoece de graves deficiencias. Non é novo. E unha rémora tan vella que aburre se nn fora polas consecuencias. Todos os intentos alónganse, esquécense, con reproches mutuos entre administracións que a nada conducen. Xunta e Deputación han de colaborar, claro, pero a responsabilidade principal recae nos concellos, sobre todo nos de Santiago e Ames, os máis poboados e obrigados por lei a prestar o servizo. Calquera día producirase unha nova traxedia e os políticos refuxiaranse outra volta na burocracia. Noxento.

13 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito