Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Migracións e políticas de integración

    O seminario As migracións e a Unión Europea: A gobernanza multinivel como solución, organizado polo Comité Europeo das Rexións en xuño, buscaba poñer o foco sobre os cambios acaecidos en relación ás migracións e as políticas de integración na UE. Cando fálase de control de fronteiras e seguridade e de inclusión social ao mesmo tempo, as veces existe o perigo de asociar a inmigración á inseguridade, presentando un debuxo distorsionado. Xa sexa outorgando carácter xeral á conduta negativa duns poucos, en contra da evidencia; ou esquecendo os seus beneficios. Como, por exemplo, o seu impacto demográfico na envellecida Europa, a posibilidade de cubrir postos de traballo tan importantes como o dos coidados, ou a xeración de redes transnacionais.

    Así como algúns relatores propuxeron medidas tendentes a facilitar unha mellor acollida, lembrando que a desigualdade de oportunidades nun mesmo espazo e nun mesmo tempo, xera descohesión social; outros, pola contra, limitáronse a falar da inmigración ilegal.

    Aínda que a Comisión Europea propugna potenciar ambos aspectos á vez, neste eido seguen mandando os Estados. Cando a Grecia, Italia ou España chegan inmigrantes en pateras, algúns países membros néganse a participar na distribución de persoas en función do territorio, a poboación ou a taxa de desemprego. E, mentres a UE siga sen ter máis competencias na materia, o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa propios do acervo comunitario van diluíndose cada vez máis.

    Outro tema difícil de entender é a prohibición a cinco barcos de salvamento de ONGs de saír dos portos italianos para realizar tarefas de rescate no Mediterráneo, aducindo irregularidades administrativas. E, isto, nun contexto no que as armadas nacionais están a relegar a realización do labor de rescate. Segundo sosteñen os partidarios desta medida, que criminaliza o deber de socorro, isto crea un efecto chamada. Como se o feito de que haxa ambulancias nas estradas, incentivara a conducir como tolos.

    Un exemplo en positivo foi a actuación da Garda Civil na crise con Marrocos, salvando vidas –moitas delas, menores– no espigón de Ceuta. Porque salvar unha vida, con independencia da raza ou a nacionalidade da persoa implicada, é o primeiro.

    Segundo a OCDE, grazas á inmigración, o Produto Interior Bruto da UE no 2060 será maior grazas, en parte, aos inmigrantes. A Comisión Europea está a elaborar unha política común de migración e asilo. Como declarou en distintas ocasións, implica tanto poñer coto á migración irregular, como brindar protección ás persoas que o necesiten e salvar vidas no mar. O ADN da UE é xerar cohesión económica e social á vez.

    10 jul 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito