Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Na crise institucional

    DÁ a sensación de nos aproximar a unha perigosa situación como fai unha chea de anos ten sucedido, dende unha posición crítica, con referencia a algúns gobernos de diferentes estados nos que se pretendera, prometera ou desexara cando as oficinas da boa sociedade ían quedando en desuso, e cando unha pintoresca sarta heteroxénea de consejeros, interpretes y gestores se facían cargo de grande parte da tarefa reservada aos lexisladores (situación que ven ocorrendo na nación hispana).

    Algúns parece que se aferraran desesperadamente á estratexia ortodoxa da crítica tan só para confirmar, con diagnósticos cada vez máis distantes da realidade e propostas cada vez máis vagas, que o seu discurso carece dun realismo definíbel. Neste senso estámonos a atopar actualmente nunha confusa realidade política que invade o noso complexo escenario estatal cunha serie de estrañas manobras partidistas como interpartidistas tanto na destra como na sinistra.

    En numerosos medios informativos de difusión global estase a informar da considerábel expansión internacional da grave crise sanitaria, económica, política, social e recentemente da crise institucional. Neste senso –tense escrito pola sobresaínte Laura López Paz– que o labor fundamental dos responsábeis políticos é que con independencia do partido ao que representen, logren resolver os problemas da cidadanía ao través de proxectos, políticas e medidas eficaces para o desenrolo da sociedade.

    Ao respecto, o mínimo que se agarda dun Goberno, con independencia do signo político ao que pertenza, é que nuns intres tan complicados para a sanidade, a economía e a política española se alente unha crise institucional dende as carteiras do propio Consello de Ministros.

    Tamén en PolíticAhora, o 21 de outubro chamoume a atención un interesante breve artigo de José Manuel Nogueiras titulado Pablo Iglesias es un peligro para nuestra democracia onde chaman a atención parágrafos como no que se di que xa é algo normal ver os ataques por parte de vicepresidente segundo do Gobierno, Pablo Iglesias, ás institucións e piares da nosa democracia. O seu pasado xa o desvelaba como un perigo para manter a orde constitucional no noso país. A día de hoxe –seguín a ler–- Iglesias é un perigo para a nosa democracia e o demostra día tras día atacando á Xustiza dende o seu asento de vicepresidente segundo.

    Sen ir máis lonxe, no caso Dina en lugar de dar explicacións ou asumir responsabilidades polos indicios levaron ao maxistrado a pedir ao Supremo que lle investiguen, Pablo Iglesias deféndese cun argumento vitimista e atacando ao Estado de dereito, dando a entender que a Xustiza persígueo polas súas ideas políticas. Iglesias tivo palabras para todos e contra todos: periodistas, xuíces, políticos e mesmo servidores públicos, todos segundo el ao servizo de “las cloacas del Estado”. Non é xustificábel a polarización política asediada por intereses que nada teñen que ver co sufrimento e os intereses da poboación.

    29 nov 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito