Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O cerebro e o mundo dixital

    NA conferencia que a psiquiatra María Rojas deu no Congreso de Directivos CEDE- 2021, diante dos empresarios más influentes, explicou como afecta ao cerebro ao mundo dixital. Coas súas investigacións intenta dar unha explicación humanista e neurocientífica do comportamento do ser humano, para que do mundo dixital saque o mellor do seu cerebro e non o peor.

    O cortisol –a hormona do estrés– actívase nos momentos da ameaza, de xeito que cando un vai pola rúa e atrácanlle, aumenta. Interactúa con todo o organismo, sendo baixo pola noite para que poidamos durmir; e logo vai subindo ata as oito da mañá, na que ten o pico máis alto.

    O chamativo e que non se activa so nos momentos de ameaza, pois a nosa mente e o noso corpo non distinguen entre unha ameaza real e unha imaxinaria. Ante algo físico real que nos sucede ou ante algo imaxinario, actívase; e isto é un problema porque o 90% das cousas que nos preocupan vivímolas como se foran reais pero nunca suceden. Na pandemia todos temos tido medo e este cambia o cerebro. O cortisol toma as rendas do corpo e a mente, e comeza a cambialos: cáenos o pelo, inflámanse as articulacións... E, a nivel psicolóxico, estamos irritables, temos fallos de memoria e durmimos mal.

    Ao estudar as vías de escape dunha sociedade intoxicada polo cortisol, de como equilibralo, obsérvase como as pantallas –as redes sociais, Instagram, Whatsapp...– alíviannos porque dan gratificacións instantáneas.

    O cofundador de Facebook, Sim Parker, recoñeceu que creárono para xerar adictos, pois o ser humano necesita sentirse querido e recoñecido. Se subes unha foto e a xente coméntache, iso gusta.

    No comportamento das pantallas entra a dopamina, a cal é a hormona do pracer e está involucrada coas relacións sexuais, a comida, os videoxogos... Cando apetécenos tomar unha copa cuns amigos, comezamos a xerala, ao tomala sube e de repente ven un baixón.

    A pantalla foi deseñada para ser aditiva e na consulta esta adicción trátase coa mesma medicación que a adicción á cocaína, pois van polos mesmos circuítos cerebrais.

    A pantalla tenos convertido en drogodependentes emocionais, adictos a experiencias vibrantes; e as empresas buscan manter a nosa atención a ela o maior tempo posible. Estou metido nun grupo, escribo e contéstanme; busco e merco en internet... e quéroo todo e xa.

    Como di Rojas, as únicas cousas que realmente nos fan felices son o amor e o traballo ben feito, e ningún deles é a base de gratificacións instantáneas. Todo o contrario: implican pospoñer a recompensa, paciencia, esperar a non recibir sempre o que queremos e tempo, pero hoxe –ao ter secuestrada a nosa atención– non sabemos esperar.

    05 mar 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito