Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O libro negro que é branco

    A perda de galegofalantes non é algo espontáneo ou casual. Máis de cincocentos anos de convivencia desigual de dúas linguas, de represión nacional e de clase, de persecución e de prohibición, de sometemento do Reino de Galiza a Castela, lévanos a actual situación.

    Así que os hai, de boa fe, que agoiran a desaparición do gale-
    go recorrendo ao “prestixio do pesimismo” para aguilloar as conciencias.

    Hainos que traballan para que esa morte sexa certa. Uns por ideario político, chámense parti-darios de Isabel de Castela ou da dereita española, unhas veces abertamente, outras co bilingüismo sedante.

    E hainos tamén, ao longo destes últimos séculos, primeiramente na nobreza e fidalguía, logo nas clases populares, que, por pailanismo, pensan que o galego é un atraso.

    E hai persoas, todos estes séculos, que foron poñendo chanzos reivindicativos que permitiron avances.

    E hai tamén outros galegos, como Carlos Callón, autor do Libro negro da Lingua Galega, que pensan que se en cinco séculos de imposición do castelán e de castigo aos galego falantes non foron quen de facer desaparecer o noso idioma, non o van lograr agora que aumentou a conciencia nacional.

    Porque o libro do historiador ribeirán, ademais dun informe tremendamente documentado podería lerse en clave de humor, se
    non fósemos galegos e non nos mancase, se moitos non sufrísemos esa represión nas nosas propias carnes.

    Callón desmonta as falacias: “non houbo imposición do castelán; non houbo política lingüística negativa contra Galiza; a persecución contra o galego aconteceu só durante o franquismo; non houbo adiantos para co galego porque non había xente que o pedise; non era prohibición contra o galego, coincidiu que o prohibido estaba en galego”. Faino recollendo citas exemplificantes.

    Calos Callón non chega con este ensaio, “lúdico” é á vez rigoroso, ao día de hoxe. Pero podería facer outro libro contando como na actualidade se seguen conculcando os dereitos dos cidadáns galegofalantes. Iso si, harmonicamente, faltaría máis.

    09 jul 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.