Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O ‘Luar’, de que te ris?

    O meu pai sempre gustou do Luar. Daba dúas razóns: que lle facían cantar aos artistas foráneos en galego, aínda que só fose no “apaga o candil” e que situaba aos nosos músicos a mesma altura que os foráneos. Eran tempos!

    Para el, estas dúas cuestión, tiñan un efecto normalizador que ponderaba ao xeito.

    Eu nunca lle levei a contraria e sempre defendín ao Luar en público e en privado. É un programa para unha Galiza que se senta, maioritariamente, detrás dunha cociña de ferro. Hai moitos programas que facer ou potenciar, como o Xabarín, sen matar ao Luar.

    Pero, de algún tempo para acá, querendo ou sen querer, están a caer nunha deriva chocalleira e de autonoxo, potenciando a nosa faciana de colonizados.

    Valoro tres feitos significativos, por iso lle dedico estas palabras.

    Son capaces de escoller para Mis Vaca Galega, a unha galleira e outra fuseira, sen ningún atreu.

    Aconteceu na noite de fin de ano. Mentres retransmitían as badaladas no Obradoiro na TVG non tiveron mellor ocorrencia que abrir unha fiestra no televisor coa Porta do Sol de Madrid. E non é por que alí lucise unha grande bandeira española, non, senón que, en consonancia, Gaioso, xustifícao cun “na Porta do Sol está todo os espírito de España metido”. Xa sei que non foi no Luar, pero coma se o fose.

    Ha tres semanas dedicaron o programa a como falamos cos nosos animais. E chamaron a Anxo González Guerra, un experto lingüística e unha das persoas que máis ten traballado pola dignificación do galego, xunto coa súa dona Vitoria Ogando.

    Pois ben, mentres don Anxo explicaba como se lle afalaba ou chamaba aos distintos animais, podíanse escoitar as gargalladas entre o público.

    Non é que eu non pense que debemos rirnos de nós mesmos, pero é para rir o falar cos animais do rural? A que as mesmas xentes non se rin cando escoitan falar cuns cans na cidade coma se fosen humanos?

    E dirán vostedes, que culpa teñen os do Luar. Ningunha, se non fose porque o realizador se recrea unha e outra vez nesas gargalladas.

    Os venres son cada vez máis negros na RTVG.

    06 mar 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito